Tecnópole difunde as súas infraestruturas de I+D+i a través da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) lanzou a súa nova publicación "Infraestruturas de innovación nos parques científicos e tecnolóxicos de España", cunha recompilación de 228 equipamentos que están a desenvolver actividades punteiras en materia de I+D+i. Os laboratorios do CIS-Madeira e do Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia (LOMG), xunto coa Unidade de Cirurxía Experimental de Tecnópole, forman parte deste catálogo de infraestruturas.

O obxectivo desta publicación é dar maior visibilidade ás infraestruturas e equipamentos que fan posible a realización de actividades de I+D+i nos parques científicos e tecnolóxicos españois e os diferentes sectores e ámbitos nos que se están a enfocar, estando moitas delas en relación directa coas actuais tecnoloxías disruptivas.

Como apunta o presidente de APTE, Felipe Romera, dispoñer destas infraestruturas é o que converte os parques científicos e tecnolóxicos españois en piares fundamentais do sistema de innovación español, xa que son ferramentas claves que facilitan ás empresas e entidades o investimento e realización de I+D+i.

Trátase dun documento eminentemente divulgativo e moi visual, no que se concretou o concepto de "infraestrutura de I+D+i" nunha clasificación de tres tipos: equipamento singular, laboratorios e plantas piloto, facilitando así a súa descrición e destacando as características destas infraestruturas de vangarda e a súa aplicación actual.

A versión dixital da publicación pode descargarse e consultarse aquí.