Senseitrade pecha unha rolda de financiamento liderada por Abanca

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A tecnolóxica galega Senseitrade, con sede en Tecnópole baixo a denominación social Txstockdata, pechou un acordo con Abanca para o lanzamento dunha nova plataforma de investimento en bolsa cun modelo de negocio innovador. Grazas a esta colaboración, a entidade financeira apoiará á startup galega tanto dende o punto de vista tecnolóxico como o financeiro, liderando unha rolda de financiamento a través do seu vehículo investidor Abanca Invest.

A entrada de Abanca nesta iniciativa empresarial enmárcase na súa estratexia de apoio á innovación en Galicia, desenvolvida fundamentalmente a través do programa de aceleración de empresas tecnolóxicas Abanca Innova. O banco, que comprometeu neste programa 10 millóns de euros para financiar o desenvolvemento de proxectos de base tecnolóxica e empresas emerxentes con potencial de crecemento, seleccionou a Senseitrade como o seu novo investimento nunha startup.

Esta operación de financiamento faise efectiva tras varios meses de traballo conxunto entre ambas as dúas partes no ámbito da innovación, un labor que permitiu identificar potenciais sinerxías para dar servizo e ofrecer solucións aos usuarios de Senseitrade. Abanca seguiraÏ acompañando este proxecto empresarial durante a súa etapa de crecemento e valorará novas vías de apoio a medio prazo.

Intelixencia artificial ao servizo dos mercados

A plataforma Senseitrade, desenvolvida en Galicia, está especializada na análise de sentimento de mercado e tendencias en bolsa a partir de datos extraídos das redes sociais e internet. O equipo liderado por David Conde desenvolveu unha tecnoloxía que utiliza algoritmos de procesamento de linguaxe natural para identificar emocións en textos e mensaxes e utiliza modelos de machine learning para interpretar as complexas relacións que existen entre os mercados e estas fontes de información alternativa.

A plataforma consegue transformar toda esta información nunha serie de indicadores de sentimento de mercado que dan ao usuario acceso a unha fonte única de información facilmente comprensible.

Co obxectivo de acelerar o seu desenvolvemento, recentemente chegou a un acordo de colaboración co grupo de investigación GTI da Universidade de Vigo, especializado en análise semántica, que foi galardoado con varios premios pola súa investigación e desenvolvemento.

Ademais, durante o ano 2017, a compañía chegou a un acordo de partnership con Drivewealth, un broker de Estados Unidos e integrou os seus servizos dentro da súa aplicación para accións americanas. A app ofrece unha interface de usuario moi sinxela que, xunto coas baixas comisións e mínimos do broker, fan desta plataforma un servizo apropiado para todos os puÏblicos, tanto para investidores novatos como para os máis experimentados.

Lanzamento en España

O acordo que Senseitrade acaba de firmar con Abanca busca replicar o mesmo modelo de negocio que mantén actualmente, pero para a bolsa española. A plataforma manterá esa liña de sinxeleza no seu uso buscando ademais un esquema de comisións innovador e acompañado de servizos premium.

Este é o modelo que está funcionando noutros mercados como é o caso de Robinhood en Estados Unidos, o broker con maior crecemento nos últimos anos que conta xa con máis de 2 millóns de usuarios. De momento, aqueles usuarios que estean interesados neste novo servizo poden rexistrarse https://senseitrade.es.

(Fonte: Senseitrade)