Primux vai sacar ao mercado un novo portátil con tecnoloxía 5G, froito dun acordo con Microsoft

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Primux, situada na Tecnópole, é unha empresa tecnolóxica centrada no desenvolvemento de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos. Vai introducir no noso país a nova tecnoloxía móbil 5G.

A firma, que segue a apostar polo desenvolvemento tecnolóxico, presentará nos vindeiros meses o Primux ioxbook 1305G, con procesador Qualcomm Snapdragon 8CX. O ioxbook 1305G é un portátil revelador e eficaz, cun deseño ultrafino, do que Primux ofrecerá dúas versións ao mercado: 4G e 5G. O proxecto parte dunha colaboración con Qualcomm e Microsoft, converténdose así na primeira empresa española en asinar un acordo desta índole coa recoñecida compañía estadounidense de telecomunicacións. 

As virtudes deste novo ordenador serán o deleite de todos aqueles que queiran un ordenador portátil elegante e ultrafino, dotado da tecnoloxía máis avanzada: procesador Snapdragon 8CX de gran desempeño e eficiencia, unha batería case inmortal con máis de 20 horas de vida, unidade de procesamento gráfico Qualcomm, xunto a outras grandes posibilidades. 

Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor tempo posible 

Desde a empresa destacan que “o 5G aumentará a velocidade de conexión, reducirá ao mínimo a latencia e multiplicará exponencialmente o número de dispositivos conectados. Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor tiempo posible”. 

“O 5G permitirá navegar ata a dez gigabytes por segundo, dez veces más rápido que as principais ofertas de fibra óptica do mercado. A ese ritmo poderase, por exemplo, descargar unha película completa en cuestión de segundos” -indican-. Aseguran que “o que hasta hai pouco nos parecía imposible será, grazas a Primux, unha realidade moito máis cercana no noso mercado co ioxbook 1305G  na súa versión máis futurista”. 

Prevese que a implantación da rede móbil de quinta xeración chegará ao noso país no segundo semestre do ano, instaurando as bases dunha nova comunicación ao alcance de todos. O seu despregue suporá unha auténtica revolución tecnolóxica.