A piscina de Tecnópole abre do 15 de xuño ao 31 de agosto

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Parque Tecnolóxico de Galicia abre o 15 de xuño a súa piscina, que está a disposición de calquera particular, familia ou grupo, ademais das persoas que traballan no Parque. Permanecerá aberta durante todo o verán, ata o vindeiro 31 de agosto, con horario de 12:30 a 20:30 horas.

O aforo actual está limitado a un máximo de 250 persoas (50% da capacidade), das que ata 75 poden estar no vaso ao mesmo tempo. Esta apertura farase cumprindo toda a normativa definida dentro do protocolo de actuación de medidas fronte á COVID-19. Así, as duchas do vestiario permanecerán cerradas, só se poderá facer uso das duchas exteriores. Nos bancos do vestiario sinalizaranse as zonas de asento respectando a distancia entre persoas. Ademais, disporase de dispensadores de xel hidroalcohólico e de papel para os usuarios na entrada de cada vestiario. Mantense a obrigatoriedade de respectar a distancia social tanto no vestiario como no exterior.

Desde o Parque insisten en que o acceso ás instalacións realizarase preferentemente a través da aplicación móbil que xa leva dous anos en uso, dispoñible para a súa descarga tanto en Android como en iOS. Desde esta aplicación, que é gratuíta, poderanse adquirir os tecnópoles  necesarios para poder acceder á piscina e ao resto de servizos ofertados. Por outro lado, todo o recinto dispón de wifi de balde para os bañistas. 

Os empregados das empresas pertencentes ao Parque terán un desconto especial  á hora de adquirir os tecnópoles a través da aplicación.