As oportunidades de negocio das pemes na industria 4.0 preséntanse no próximo almorzo tecnolóxico

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O próximo almorzo tecnolóxico, que terá lugar o venres 15, será unha oportunidade para que as pemes coñezan as oportunidades de negocio relacionadas coa industria 4.0 hiperconectada. A cita é ás 9.30 h. no edificio CEI de Tecnópole. A inscrición é libre e gratuíta.

Os asistentes poderán coñecer estas oportunidades de man de María del Carmen López Gómez e Esther Durán Sineiro, do equipo da aceleradora de empresas Galicia Open Future.

En concreto, explicarán os retos lanzados por grandes empresas a través de Open Future para atopar socios e provedores que poidan dar resposta ás súas necesidades en relación coa industria do futuro.

Esta serie de almorzos tecnolóxicos enmárcase no obxectivo de Tecnópole de contribuír a promover activamente a competitividade das súas empresas e centros tecnolóxicos. Este formato, de participación reducida, non só persegue a actualización de coñecementos sobre temas legais, administrativos, comerciais ou relativos a tendencias do mercado, senón que se concibe como un espazo de relación entre as empresas do Parque entre elas e con outras, xa sexa en termos de contactos comerciais ou para o inicio de proxectos de innovación conxuntos.