Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Unha empresa da Tecnópole lanza unha app para que os empregados poidan fichar co móbil

Unha aplicación móbil para que os empregados poidan fichar co smartphone. Este é o último lanzamento de Primux, empresa tecnolóxica que concibiu esta nova app no seu centro de I+D, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole (Ourense).

Esta ferramenta busca facilitarlles ás empresas, e en especial ás pemes, o cumprimento da nova normativa de control obrigatorio da xornada laboral dos seus traballadores.

Tecnópole abre a súa web á difusión de ofertas entre as súas empresas

A web de Tecnópole conta cunha nova sección orientada á difusión de ofertas entre as súas empresas. A partir de agora, calquera empresa ou emprendedor con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia poderá publicar as promocións especiais dirixidas ao resto de empresas domiciliadas aquí e/ou aos seus traballadores de forma totalmente gratuíta e a través dun sinxelo formulario.

A piscina da Tecnópole reabre con dous días de acceso gratuíto e novidades tecnolóxicas

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole reabre a piscina situada nas súas instalacións a partir de mañá, en horario ininterrompido de 12 a 21 horas todos os días da semana. Mañá sábado e o domingo o acceso será gratuíto, para darlles a benvida de novo a todos os usuarios e usuarias que demandaban a reapertura da piscina.

Tecnópole e o Consello Social da Universidade de Vigo inician unha nova liña de colaboración en divulgación científica

Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole e o Consello Social da Universidade de Vigo inician unha nova liña de colaboración para levar a cabo iniciativas conxuntas de divulgación científica entre os máis novos. A posta en marcha desta alianza escenificouse co lanzamento dun globo estratosférico por parte dos alumnos das Aulas Tecnópole, ao que asistiron a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN) e conselleira delegada de Parque Tecnolóxico de Galicia, Patricia Argerey; o presidente do Consello Social da Uvigo, Ernesto Pedrosa; e o director xerente de Tecnópole, Ricardo Capilla.

Akunatura organiza un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella

A empresa Akunatura, instalada no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza entre finais do mes de maio e principios de xuño un curso sobre mantemento hixiénico-sanitario de instalacións de risco fronte a legionella.

O curso diríxese ao persoal encargado do mantemento hixieÏnico-sanitario de instalaciÛns sensibles, co obxectivo de que poidan tomar as medidas de prevencioìn e control ante o risco de infección por legionella. Ademais, adestraráselles nos protocolos de actuacioÏn especiÏficos en funcioÏn do tipo de instalacioÏn.

O director de Tecnópole detallará as oportunidades de negocio ligadas á tecnoloxía blockchain na XVII Conferencia Internacional de APTE

O director xerente de Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, Ricardo Capilla, detallará as oportunidades de negocio para empresas ligadas á tecnoloxía blockchain durante a XVII Conferencia Internacional da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), que se celebra este xoves en Málaga da man do Parque Tecnolóxico de Andalucía.

O Reitorado da Universidade malagueña congregará máis de 250 persoas de 13 nacionalidades, representantes de parques científicos e tecnolóxicos, empresas, entidades e expertos nacionais e internacionais en materia de blockchain

O campamento de verán de Tecnópole abre o seu prazo de inscrición

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir o prazo de inscrición para unha nova edición do único campamento tecnolóxico de verán que se celebra en Galicia. Os Tecnópole Technological Workshops (T2W) chegan á súa sétima cita anual o próximo mes de xullo e a inscrición xa está aberta.

O proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina gaña o primeiro premio da Galiciencia 2019

O proxecto de loita biolóxica contra a avespa velutina desenvolvido por estudantes pontevedreses é o gañador absoluto da Galiciencia 2019. A proposta de Nuno Sinde e Pedro Fernández, do Colexio Internacional SEK-Atlántico de Poio, de combater esta especie invasora usando fungos foi o mellor valorado polos 40 membros do xurado entre os 50 proxectos que competían polo premio final, dotado con 1.000 euros para financiar a súa participación noutra feira científica de carácter estatal, a Exporecerca 2020 (Barcelona).

Páxinas