Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Conde destaca o apoio da Xunta a 330 novos proxectos en 53 países para que as empresas galegas avancen en internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante a xornada México-Galicia: Visións compartidas, organizada por Roberto Verino no Parque Tecnolóxico de Galicia- Tecnópole, que a Xunta acaba de conceder axudas por máis de 7,5 millóns de euros a 330 novos proxectos de internacionalización empresarial en 53 países distintos a través do programa Galicia Exporta Empresas.

Tecnópole acolle o 23 de setembro unha xornada sobre oportunidades de negocio Galicia-México

Parque Tecnolóxico de Galicia acollerá o próximo 23 de setembro unha xornada titulada “Galicia-México/México-Galicia. Visións compartidas”, na que se explorarán as oportunidades comerciais, de negocio e de investimento entre ambos os territorios.

Antes da mesa redonda, presidida polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, terá lugar a presentación realizada por Raúl Beyruti, presidente do grupo Gin Group. Esta compañía, líder en Latinoamérica en administración integral de capital humano, acaba de abrir unha filial en España.

Aberta ata o 30 de setembro a matrícula para Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de abrir a través da súa web o prazo de inscrición en Aulas Tecnópole e STEAM Kids Tecnópole, os seus cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para mozos de entre 8 e 18 anos. As prazas son limitadas e a matrícula, aberta ata o 30 de setembro, farase efectiva por orde de formalización. As clases teñen lugar unha tarde á semana entre outubro e maio.
 

Excelia convértese en partner de Dixtior en España

Excelia, empresa tecnolóxica con sede en Tecnópole, e Dixtior, referente na vinculación de solucións tecnolóxicas ao ámbito financeiro, anunciaron o seu acordo de partnership.

As solucións de Dixtior céntranse nas áreas de governance, risk management e compliance, contribuíndo a unha xestión empresarial integrada a través de tecnoloxías innovadoras de última xeración.

Xesol Innovación posiciónase entre as finalistas do certame internacional South Summit

Xa se coñecen as cen iniciativas finalistas da competición de South Summit 2019, entre as que figura a empresa Xesol Innovación, con sede en Tecnópole. O centenar de proxectos destacados foi elixido entre os máis de 3700 que se presentaron a esta edición, procedentes de países como Estados Unidos, Colombia, Israel, India ou Reino Unido.

Coinscrap pecha unha rolda de financiamento de 180.000 euros

A plataforma de micro-aforro Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou unha rolda de financiamento de 180.000 euros na que participaron Indexa Capital, Fernando Cabelo-Astolfi (Aplazame) e BBooster Ventures.

A empresa de Tecnópole iforest gaña o segundo premio do concurso Start4Wood

A empresa iforest, con sede en Tecnópole, gañou o segundo premio do concurso Start4Wood coa súa plataforma de dixitalización para a industria forestal e da madeira. O certame tivo lugar no marco da feira Asturforesta, no que outra empresa galega, Aleutos, se fixo co primeiro premio cunha aplicación para a xestión de parcelas denominada Smartwood.

A Galiciencia, seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Tecnolóxicos

A Galiciencia vén de ser seleccionada finalista entre as dez solucións máis inspiradoras do mundo pola Asociación Internacional de Parques Científicos e Tecnolóxicos (IASP). A feira científica de referencia en Galicia é organizada anualmente por Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt). Con 14 anos de traxectoria percorrida, a Galiciencia disputa o primeiro posto con iniciativas doutros oito países.

Páxinas