O novo portátil de Primux integra o videoxogo educativo Minecraft de serie

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O fabricante español de tecnoloxía de consumo Primux desenvolveu un novo proxecto no seu centro de I+D, situado en Tecnópole, en colaboración cos xigantes informáticos Microsoft e Intel. O seu novo portátil, o Ioxbook 1402 MC, está especialmente dirixido ao público máis novo e trae incorporado de serie o videoxogo educativo Minecraft™.
 
Minecraft™ é un xogo mediante o que se constrúen mundos abertos a través da colocación de bloques de píxeles. A comunidade mundial de xogadores está composta por máis de 100 millóns de persoas. Na actualidade está sendo usado en moitas aulas de colexios de todo o mundo pola súa capacidade para promover a creatividade, a colaboración e a resolución de problemas.
 
O auxe da gamificación e as súas aplicacións pedagóxicas foron a motivación de Primux para incluír o xogo de serie no seu novo portátil. Daniel Rodríguez, director xeral de Primux, explica que “nesta era en que os adolescentes son nativos dixitais, incorporar a tecnoloxía á educación trae unha serie de vantaxes e beneficios que axudan a mellorar a eficiencia e a produtividade nas actividades académicas, á par que fomenta a exploración sobre materias e áreas descoñecidas para eles, aumentando e proporcionando novos coñecementos”.
 
O novo Ioxbook 1402 MC caracterízase polo seu deseño ultradelgado (18,2 milímetros de grosor), un peso aproximado de 1270 gramos e pantalla de 14,1 polgadas.