Excelia convértese en partner de Dixtior en España

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Excelia, empresa tecnolóxica con sede en Tecnópole, e Dixtior, referente na vinculación de solucións tecnolóxicas ao ámbito financeiro, anunciaron o seu acordo de partnership.

As solucións de Dixtior céntranse nas áreas de governance, risk management e compliance, contribuíndo a unha xestión empresarial integrada a través de tecnoloxías innovadoras de última xeración.

Segundo os responsables de Excelia, con esta alianza a empresa suma forzas para axudar aos seus clientes no deseño das súas estratexias e a consecución dos seus obxectivos achegando as solucións tecnolóxicas axeitadas en varios ámbitos.

A primeira destas solucións é Dixtior Compliance Solution, unha ferramenta enfocada á prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo. Analiza, monitoriza e avalía as transaccións realizadas polas institucións financeiras e emite alertas cando acontecen actividades sospeitosas.

Pola súa banda, Dixtior MetricStream GRC está orientada á simplificación das tarefas de governance, risk management e compliance das empresas na era dixital integrando a intelixencia de risco e orientando as decisións estratéxicas.

Excelia conta cunha longa traxectoria no ámbito da consultoría para apoiar e orientar ás empresas a xestionar de forma axeitada os riscos e dificultades relativas a estratexia, operacións e cumprimento normativo.