A empresa da Tecnópole Quobis Networks recibe o ‘Premio Bancaja Jóvenes Emprendedores 2007’

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

A empresa galega Quobis Networks, situada na Tecnópole e especializada na integración de redes de telecomunicacións de nova xeración, foi galardoada co ‘Premio Bancaja Novos Emprendedores 2007’ na súa modalidade de empresas de base tecnolóxica.

Nesta edición participaron un total de 425 proxectos de toda España, o que supón un 15 por cento máis ca no ano pasado. É a terceira ocasión na que este premio se convoca a nivel estatal, o que explica a gran diversidade xeográfica dos proxectos a concurso. Para a selección dos proxectos, o xurado tivo en conta a incorporación de elementos innovadores ou diversificadores e considerou a capacidade de xeración de emprego estable, en especial para os mozos. O premio entregarase nun acto que terá lugar na sede social de Bancaja (Valencia), de mans do presidente da sociedade, Jose Luís Olivas Martínez.

Segundo Iago Soto, responsable de desenvolvemento de negocio de Quobis Networks, “este premio impúlsanos a seguir traballando para posicionarnos como empresa tecnolóxica de referencia na integración de sistemas de telecomunicacións para grandes empresas e para a Administración pública”. Este é o segundo galardón que recibe a compañía, tras serlle outorgado en marzo de 2007 o premio á ‘Mellor Iniciativa Empresarial’ na cuarta edición dos Premios Eganet.

Intensa labor de I+D+i

Quobis Networks é unha empresa de enxeñería especializada na integración de proxectos de telecomunicacións IP (vía internet). O persoal está composto na súa maioría por enxeñeiros de telecomunicacións, con experiencia nas principais liñas de negocio da compañía, centradas nas tecnoloxías de acceso radio de longo alcance e as redes IP de nova xeración.

A empresa realiza unha intensa actividade de I+D+i, principalmente no deseño de equipamento de comunicacións sen fíos, liña para a que recibiu financiamento público tanto da Administración autonómica (Plan Galego de I+D) coma nacional (Plan PROFIT). Quobis Networks conta con oficinas en O Porriño (Pontevedra), a Tecnópole (Ourense) e Madrid.