Egatel impartirá un curso de Linux embebido, redes e servidores para mozos de entre 16 e 30 anos

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Egatel, empresa de Tecnópole especializada no desenvolvemento e fabricación de equipos para a radiodifusión de TV e comunicación vía satélite, impartirá un curso de formación en modalidade presencial a finais do próximo mes de setembro. A data concreta está suxeita ao peche dun grupo mínimo de cinco persoas.

O curso de 300 horas impartirase en xornadas de oito horas de luns a venres. Das cinco persoas seleccionadas para recibir a formación, tres optarán a unhas prácticas na empresa de 200 horas e destas tres, dúas conseguirán un contrato de seis meses. Na selección de participantes valorarase o coñecemento previo do temario para avanzar coa programación de maneira máis rápida e produtiva.

Os participantes deben estar inscritos no sistema de garantía xuvenil e cumprir os requisitos que alí se esixen.

A recollida de currículos está aberta a través do formulario web.

Programa da acción formativa.