O coworking do forestal de Tecnópole explora o uso da madeira no sector naval e de automoción

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

En Tecnópole, concretamente no CIS Madeira, desenvólvese dende hai algúns meses o primeiro coworking centrado no sector forestal. Vinte proxectos impulsados por 27 emprendedores están a tratar de buscar novas alternativas de futuro para un sector que ten un gran peso económico na comunidade galega.

A pasada semana o conselleiro de Economía, Francisco Conde, visitou o proxecto, no que colabora a Escola de Organización Industrial, EOI, para coñecer de primeira man o traballo que se está a desenvolver, e que inclúe novidosas propostas para explorar os usos da madeira en sectores como o naval ou a automoción, sempre co obxectivo de chegar a novos mercados.

"A madeira é un sector que cada vez ten un maior pulo dende o punto de vista do emprendemento e da innovación", asegurou o titular de Economía, que recordou as medidas que o goberno galego está a tomar para impulsar este ámbito.

Durante a súa visita Conde recordou, así mesmo, a importancia que ten a industria forestal en Galicia. Asegurou, neste sentido, que son tres mil as empresas que desenvolven actividades relacionadas co sector forestal, das que o 37% pertencen á primeira transformación. En Galicia, existen ademais 80.000 propietarios forestais que cortan madeira en 2800 comunidades de montes. O sector exportou nos nove primeiros meses do ano materiais por valor de 673 millóns de euros, un 12% máis que o ano pasado.

(Fonte: La Voz de Galicia)