Conexiona converte o Centro Médico El Carmen de Ourense no primeiro hospital inmótico de Galicia

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Conexiona,  con sede en Tecnópole, presentou esta mañá no Centro Médico El Carmen a instalación do seu sistema intelixente iPlace, que o converte no primeiro hospital inmótico de Galicia.

As obras de instalación comezaron o pasado mes de maio e acaban de culminar. "iPlace é un produto vital para os hospitais, xa que monitora, controla e xestiona distintos sistemas para mellorar a seguridade e confort dos pacientes, á vez que optimiza os procesos para facer do centro un hospital eficiente", explicou José Antonio Losas, director de Tecnoloxía de Conexiona.

"O futuro está na inmótica e é o camiño que se vai tomar no sector. O iPlace é unha solución de industria 4.0 versátil que pode facer intelixente desde desde un piso a unha cidade, desde unha explotación agrícola a unha fábrica, mesmo desde unha casa a un edificio", avanzou Carlos Sande, director de Innovación e Proxectos.

O sistema manéxase comodamente mediante unha app desde un computador, móbil ou tablet. En calquera momento e lugar, o persoal do hospital encargado da supervisión pode controlar e corrixir, se fose necesario, o funcionamento dos aparellos. Desta forma, o centro convértese no primeiro hospital intelixente de Galicia.

Dúas grandes vantaxes

Segundo Conexiona, as vantaxes que a inmótica achega ao hospital e aos seus usuarios son fundamentalmente dúas. A primeira é a maior seguridade do paciente, grazas á implementación desta tecnoloxía en todos os equipos relacionados directa ou indirectamente con el: bancos de sangue e plasma, neveiras e conxeladores de laboratorio e cociñas, temperatura e presión dos quirófanos, etc.

A segunda é a maior eficiencia, control e optimización no hospital, xa que o sistema monitora as temperaturas, as luces e os accesos de cada unha das zonas do hospital.