Coinscrap alíase con EVO Banco para axudar aos seus clientes a aforrar mentres gastan

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A fintech Coinscrap, fundada en 2017 pola empresa de Tecnópole TxStockData, pechou un acordo con EVO Banco para ofrecer aos seus clientes un novo servizo que redondea as súas compras, cargos por recibos ou transferencias bancarias e converte a diferenza en aforro. O obxectivo de EVO Banco é incorporar á súa banca móbil unha hucha dixital amigable, eficaz e automatizada para que os seus clientes poidan alcanzar metas a curto ou longo prazo, desde a compra dun capricho até diñeiro para a xubilación. A incorporación de Coinscrap á contorna dixital de EVO Banco terá lugar no primeiro trimestre de 2019 e permitirá aos clientes conectar tanto os cartóns e contas bancarias de EVO como do 99% de bancos españois.
 
O diñeiro aforrado para metas a curto prazo transferirase de forma automática a un seguro de vida-aforro ofrecido pola entidade aseguradora CASER, mentres que as de medio e longo prazo destinaranse ao Plan de Investimento Intelixente EVO que xestiona o patrimonio grazas á tecnoloxía Robot - Advisor da wealthtech Finizens. Sexa cal for o obxectivo establecido polo cliente, o diñeiro sempre estará totalmente dispoñible.

A integración deste servizo en EVO realizarase con técnicas de gamificación que facilitan o aforro con regras flexibles e configurables polo usuario, como son o redondeo entre un e dez euros, achegas puntuais ou periódicas, o importe dun café diario, unha porcentaxe da nómina, ou a cantidade elixida cada vez que o equipo de fútbol favorito gaña un partido.

Para Enrique Tellado, conselleiro delegado de EVO Banco, "esta alianza achega sinxeleza, diversión e eficacia ás nosas metas do día a día, ben para unha compra puntual ou, sinxelamente, para aforrar a longo prazo sen darnos conta de que o estamos facendo. A incorporación de Coinscrap á banca móbil de EVO reforza o noso obxectivo de consolidar unha plataforma de servizos financeiros única no mercado, innovadora e orientada a facilitar a vida dos nosos clientes".

A hucha dixital que rendibiliza o solto

Coinscrap é unha fintech xurdida no ano 2017 cunha solución que automatiza o redondeo co obxectivo de rendibilizar o solto xerado no día a día. Ademais de facilitar o logro de retos concretos e a curto prazo, como a compra dun reloxo, un agasallo ou unhas vacacións, Coinscrap facilita o aforro a longo prazo. Por exemplo: un usuario de 35 anos que comece a redondear aos 2 euros máis próximos e cunha achega mensual de 25 euros podería chegar a acumular ao momento da súa xubilación uns 54.000 euros.