Akunatura organiza un curso sobre exercicios de intercomparación para a mellora da calidade dos laboratorios

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Akunatura, instalada recentemente no Laboratorio de Biotecnoloxía de Tecnópole, organiza a finais do mes de xuño un curso sobre exercicios de intercomparación. A finalidade desta actividade formativa é actualizar os coñecementos dos responsables de laboratorios sobre unha ferramenta básica para ofrecer garantías de calidade aos seus clientes.

O curso, de metodoloxía fundamentalmente práctica, terá lugar os días 26 e 27 de xuño no Edificio CEI do Parque Tecnolóxico de Galicia, en horario de mañá e tarde. O programa e a inscrición dispoñibles na web da empresa. As empresas de Tecnópole contarán cun desconto do 10% na matrícula.

Os exercicios de intercomparación axudan aos laboratorios a mellorar a calidade dos seus servizos ao incidir nos aspectos básicos da súa competencia técnica como os seus recursos humanos, os seus equipos e os seus métodos de traballo.

Estes exercicios proporcionan unha valoración independente dos datos do laboratorio, comparados con valores de referencia ou co desempeño de instalacións similares. Desta forma, achegan á dirección a confirmación de que os aspectos técnicos dos seus servizos son satisfactorios ou alertan sobre a necesidade de investigar problemas potenciais dentro do laboratorio.

Os organismos de acreditación están promovendo entre os laboratorios a participación neste tipo de exercicios para o cumprimento dos requisitos da norma UNE EN ISO/IEC 17025:2017. Isto ofrece ao laboratorio unha medida independente da calidade dos ensaios que realiza e constitúe unha eficaz ferramenta diagnóstica do seu sistema de calidade.

Os destinatarios principais do curso son xefes de laboratorio, responsables de garantía de calidade e técnicos de laboratorio de centros públicos e privados de investigación.