Novas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A estratexia dixital debe estenderse ás pemes para aumentar vendas e fidelizar clientes

A estratexia dixital é unha ferramenta moi estendida entre as grandes empresas, pero é importante que as pemes a adopten tamén para non perder competitividade. Esta foi a principal mensaxe trasladada por César González aos asistentes ao almorzo tecnolóxico celebrado esta mañá en Tecnópole, no que se insistiu na necesidade de implantar a dixitalización para aumentar as vendas e fidelizar clientes.

A Tecnópole dará soporte durante un ano a tres ideas de negocio propostas por estudantes universitarios

Tres ideas relacionadas co aproveitamento forestal, os microorganismos e a xestión cultural e a intervención social poderán empezar a crecer nos niños da preincubadora de Tecnópole de Ourense.

O próximo almorzo tecnolóxico aborda a dixitalización como estratexia para o incremento das vendas

O próximo 18 de abril os empresarios de Tecnópole e o Polígono de San Cibrao das Viñas teñen unha cita coa dixitalización. Durante o próximo almorzo tecnolóxico, os asistentes poderán coñecer de que xeito a transformación dixital, que afecta xa a toda a economía de forma global, é unha estratexia ineludible para incrementar as vendas en calquera sector.

O proxecto ganador da Galiciencia representará a España na maior feira científica de Europa tras vencer na Exporecerca

Como premio por gañar a Galiciencia 2017 viaxaron a Barcelona para representar a Tecnópole na Exporecerca 2018. Agora, Carlos Fole, Jaime Alonso, Miguel Herranz e Mateo Martínez, do Colexio Montecastelo de Vigo, volven de Cataluña co primeiro premio da feira científica máis relevante de España. O vindeiro mes de xullo representarán a España no certame europeo Expo-Science Europe, que se celebrará na cidade polaca de Gdynia.

A atención aos aspectos multiculturais e á elaboración dos contratos son factores clave na negociación internacional

A complexidade e a multiculturalidade caracterizan o contorno no que se moven os novos directivos que pretenden competir nos mercados europeos e internacionais. Esta foi unha das ideas principais que a experta Pilar Branco, directora de Expotrends, compartiu hoxe cos empresarios que asistiron ao primeiro almorzo tecnolóxico da tempada en Tecnópole.

Os proxectos candidatos á preincubadora Tecnópole-Universidade de Vigo teñen de prazo ata o 26 de marzo

Os proxectos gañadores dos premios Incuvi-Avanza recibirán este ano unha axuda económica de ata 3000 euros e o asesoramento dun equipo de profesionais que mentorizarán os proxectos durante o ano que estean na preincubadora de Tecnópole.

A nova tempada de almorzos tecnolóxicos comeza con recomendacións para a negociación no ámbito internacional

Tecnópole reactiva o seu calendario de almorzos tecnolóxicos con novas citas mensuais a partir do próximo 21 de marzo. O convite está dirixido ás empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén ás do Polígono de San Cibrao das Viñas, co obxectivo de que intercambien coñecemento e oportunidades de negocio.

Finsa e o Grupo Nueva Pescanova lanzan en Tecnópole os seus retos de industria 4.0

A directora de Galicia Open Future, Carmen López, trasladará o próximo 1 de marzo en Tecnópole ás empresas ourensás a convocatoria do programa “Retos 4.0”, mediante o que se chama a emprendedores e start-ups galegas a presentar propostas para resolver problemas formulados pola industria. Os dous primeiros retos para os que se demandan solucións tecnolóxicas proceden do Grupo Nueva Pescanova e Finsa.

Páxinas