O evento do 25 aniversario do Parque Tecnolóxico de Galicia rende homenaxe ás 300 empresas que acolleu

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Tecnópole celebra o próximo venres os seus 25 anos de traxectoria cun evento ao que están invitadas empresas, centros de coñecemento e outras entidades de innovación que tiveron a súa sede alí ao longo deste cuarto de século.

A xornada inclúe unha serie de actividades centradas nas empresas que se estenderán ata primeira hora da tarde. Os asistentes terán ocasión de coñecer as últimas tendencias en neuromárketing de man do mago Kiko Pastur e recibirán consellos do experto en coaching Daniel Álvarez Lamas para crear un equipo de emprendedores internos nas empresas.

Os retos de futuro máis relevantes aos que se teñen que enfrontar as empresas, como a industria 4.0 ou a transición enerxética, serán o tema central da mesa redonda na que participarán representantes de Coasa, Egatel, Coren CTI, Conexiona, Novelle y Fernández Ingeniería e esEnRed.

Para finalizar, os asistentes terán ocasión de compartir contactos e experiencias, co obxectivo de estreitar lazos entre as empresas e centros de coñecemento que formaron e forman parte da traxectoria do Parque Tecnolóxico de Galicia.

(Fonte: Tecnópole)