Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Próxima apertura da convocatoria do programa Horizonte Peme para o exercicio 2016

A Secretaría de Estado de I+D+I aprobou a convocatoria do ano 2016 para a concesión de axudas da convocatoria Horizonte Peme, do Programa Estatal de Liderado Empresarial no marco do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016.

Convocada a décima edición dos Premios EmprendedorXXI

la Caixa, a través de Caixa Capital Risc, e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través de Enisa, convocan a décima edición dos 'Premios EmprendedorXXI' co obxectivo de identificar, recoñecer e acompañar as empresas con maior potencial de crecemento de España, dirixidos a empresas españolas innovadoras con menos de tres anos de actividade.

España convértese no país mellor conectado de Europa e é líder no uso de smartphone e Smart TV

Telefónica presentou o seu novo informe anual 'A Sociedade da Información en España 2015'' (abreviado como siE[15) un estudo de Fundación Telefónica onde se debulla a situación actual de España, respecto ao resto de Europa e do mundo, en materia de comunicación, innovación, información e tecnoloxía, entre outras. Dende a compañía destacaron dous feitos que se deron o ano pasado: por un lado, España converteuse no país mellor conectado de Europa, e por outro, pasou a ser líder no uso do smartphone e a Smart TV.

Correntes de aire do metro para xerar enerxía eléctrica

A empresa Tunel Energy está a traballar no desenvolvemento dun prototipo de aeroxeradores para a súa instalación en condutos de ventilación e túneles do suburbano de Madrid de cara a xerar enerxía eléctrica aproveitando as correntes que se xeran no suburbano.

Proximus: o chip que lle conta ao supermercado o que fan os seus clientes

As startups, estas pequenas empresas tecnolóxicas que están a revolucionar o mercado, seguen dando que falar. Neste caso referímonos a Proximus, que traballa dende o parque industrial da Universidade Carlos III e que desenvolveu un chip que permite crear un "mapa de compras" e saber dese xeito cales son as actitudes, preferencias e comportamentos dos clientes dentro dun supermercado.

Superalimentos, una pulsera inteligente y un robot almacenador, entre las aportaciones de Tecnópole a la exposición “O Polígono nunca visto”

Tecnópole se suma a la celebración del 50 aniversario del Polígono de San Cibrao compartiendo su stand en la exposición “O Polígono nunca visto” con trece de sus empresas para que muestren sus productos y servicios más innovadores. Novedosas gamas de superalimentos y prendas infantiles, una pulsera inteligente, un robot almacenador, dispositivos de energías renovables para el medio rural y ordenadores portátiles de alta tecnología y bajo coste, además de un amplio abanico de servicios innovadores, estarán el 1 y el 2 de abril a disposición de los visitantes en este espacio.

Os alumnos das Aulas Tecnópole arrasan no maior certame científico de España e levarán os seus proxectos a Francia e Brasil

Os alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole arrasaron no maior certame científico de España, a Exporecerca Jove. Os seus proxectos foron merecedores do primeiro e do terceiro premio, ademais dun accesit, o que os levará á principal feira científica de Europa e a un dos eventos de referencia neste campo en Latinoamérica. A eles sumáronse, co segundo premio, os gañadores da Galiciencia 2015, estudantes de Biscaia, que viaxarán tamén a Brasil para presentar o seu proxecto. Todos eles competían con 110 proxectos de nove nacionalidades.

Hispamoldes exporta o 70% da súa produción

A empresa Hispamoldes, situada en Tecnópole, supera os 30 millóns de euros de facturación anuais, cun peso moi relevante da exportación, que supón o 70% da venda dos seus produtos. É un dos datos achegados polo director da firma, Mario da Costa, no transcurso da visita que realizou á empresa o conselleiro de Industria, Francisco Conde.

As empresas lideran o retorno español en Horizonte 2020

España recibiu un retorno de 1100 millóns de euros de 168 convocatorias do programa europeo de I+D+i Horizonte 2020 dende o seu arranque en 2014. Con esta cifra, o noso país sitúase en cuarto posto detrás de Alemaña, Reino Unido e Francia. Durante este período destacou a participación das empresas españolas, que se situaron por diante de universidades e centros de investigación en proxectos.

Cotec lanza o seu Programa de Innovación aberta

"Moitas boas ideas quedan sen financiamento porque non encaixan nas convocatorias habituais", sinala Jorge Barrero, director xeral da Fundación Cotec para a Innovación. A súa organización propúxose romper esta tendencia e por iso pon en marcha un novo concurso de ideas aberto a toda a sociedade para innovar en ámbitos como a educación e a economía.

Industria apoiará este ano con 45 millóns proxectos de innovación turística

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo destinará este ano 45 millóns de euros para empréstitos que concederá dentro do programa Emprendetur I+D+i, composta polos programas Emprendetur I+D e o de Desenvolvemento de Produtos Innovadores.

As startups de eSalud crecen en España un 53% en 2015

O aumento con respecto ao ano 2014 outorga ao sector a medalla de prata en progresión, só por detrás das empresas deportivas. Por outro lado, é xeneralizado falar de startups pero non de redes sociais, ecommerce ou aplicacións móbiles xuvenís, pero "o sector da saúde é un dos máis abertos a ser transformado pola disrupción dixital das startups, especialmente no tocante a servizos online, comparadores, dispositivos médicos ou nas aplicacións de seguimento e control, con especial foco nas enfermidades crónicas", sinala Javier Megias, director xeral e socio fundador de Startupxplore, a maior comunidade online de startups e investidores de España. Segundo os seus datos, existen ao redor de 156 startups de eSalud no noso país, coa Comunidade Valenciana, Navarra e Aragón á cabeza.

Páxinas