Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A metade das tecnolóxicas galegas realizan actividades innovadoras

O 48,9% das empresas tecnolóxicas de Galicia con dez ou máis persoas empregadas realizaron actividades innovadoras no período 2018-2020, segundo os datos da enquisa de innovación e I+D realizada polo Instituto Nacional de Estatística. No conxunto do tecido empresarial, a porcentaxe de empresas innovadoras foi dun 22,5%.

O futuro da ciberseguridade, a terceira maior economía mundial

A ciberseguridade representa, xunto coa eficiencia enerxética e a dixitalización, unha das tres áreas clave nas que as empresas de todo o mundo deben realizar grandes investimentos co fin de aumentar a súa resiliencia. A masificación do uso de datos, a descentralización dos pagos e a dixitalización dos procesos fan que os investimentos cibernéticos sexan indispensables. Non se trata de investimentos tácticos, senón de decisións estratéxicas tomadas a alto nivel cun efecto transversal en todos os departamentos e todas as áreas de actividade de cada organización.

A Aula Newton duplica a súa oferta para este curso

A Aula Newton Galicia, a única que existe en España con carácter permanente, situada no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, vai poñer en marcha un novo curso dirixido a  alumnado de 2º da ESO a 1º de Bacharelato de toda a comunidade. É unha aula de aprendizaxe de ciencias, tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas; destinada a promover as carreiras científicas e tecnolóxicas entre a mocidade cun enfoque totalmente práctico e moi innovador. Está impulsada conxuntamente pola multinacional Boeing, a organización sen ánimo de lucro FIRST Scandinavia, a Xunta de Galicia e Tecnópole.

Rapazada de 11 a 18 anos pode participar en Aulas Tecnópole, que se centrarán en aeronáutica e aeroespacial

O Parque Tecnolóxico de Galicia lanza unha nova edición das súas Aulas Tecnópole, os cursos de formación en habilidades científicas e innovadoras para estudantes de 11 a 18 anos. A matrícula poderá realizarse ata o 30 de setembro, a través da páxina web do Parque. Neste curso Aulas Tecnópole reinvéntanse, aproveitando as instalacións da Aula Newton, polo que as actividades vanse centrar no campo aeronáutico e aeroespacial.

Coren exporta a metade dos seus produtos porcinos

O director xeral de Coren, Emilio Rial, fixo un repaso ás medidas tomadas pola cooperativa para afrontar os efectos do coronavirus e as dificultades do confinamento. «Tivemos a oportunidade de traballar, pero tamén a obriga de facelo para abastecer á poboación», explicou Rial, que asegurou que a forma de reaccionar á pandemia demostrou cal é a maneira ideal de traballar na empresa: «É mellor anticiparse».

Os drons de Aerocamaras, claves no levantamento de minas en Angola

A industria mineira pisa o acelerador coa incorporación de drons como apoio fundamental ás súas actividades. A española Aerocamaras é referente na prestación deste servizo, e actualmente participa en varios proxectos internacionais cos seus drons, tanto en actividades de inspección como de levantamento topográfico e vixilancia nas zonas de explotación mineira.

A Xunta adxudica por case 880.000 € a creación de sendas peonís nos Concellos de Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudicou por case 880.000 € a execución das obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos de Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz. Os traballos, adxudicados á UTE Construcciones Orega, S.L. - Coviastec, S.L.,  teñen o obxectivo de fomentar a mobilidade urbana e interurbana sustentable coa construción de itinerarios peonís.

Cara ao fin da moda rápida: a primeira estratexia europea no sector téxtil

Sustentabilidade e transformación dixital son as máximas prioridades da UE. Por outro lado, tratan de modificar o seu rol no escenario internacional para diminuír a súa vulnerabilidade e converterse nun actor máis influente e independente con aplicación da Autonomía Estratéxica Aberta (AEA).

Galicia consolídase xa como a segunda comunidade máis bioemprendedora de España

O ecosistema biotecnolóxico de Galicia continúa un ano máis na cima. E faino competindo con comunidades autónomas con maior músculo económico e cunha arraigada tradición no sector emprendedor vencellado ás Ciencias da Vida. Por iso é xa fixa no podio anual das comunidades autónomas bioemprendedoras.

España lidera o podio mundial das ciberameazas de robo de información

O ámbito das ciberameazas empeorou desde hai algo máis de dous anos. O recurso ao teletraballo en moitas compañías supuxo unha oportunidade para os ciberdelincuentes. O roubo de información situou a España no primeiro posto mundial deste tipo de ataques, por diante de Turquía e Xapón, segundo as métricas anuais da compañía de ciberseguridade ESET.

A dixitalización, o paso previo á economía circular

A conexión entre a dixitalización e a Economía Circular, así como impulsar actuacións que poidan acelerar a implementación deste novo modelo económico utilizando tecnoloxías dixitais é unha prioridade para empresas e gobernos para os vinceiros anos.

Unha fenda de 120.400 profesionais tecnolóxicos

As empresas españolas claman no deserto por un maná de talento que non acaba de chegar. O informe “Radiografía das vacantes no sector tecnolóxico”, realizado pola Asociación Española para a Dixitalización (DigitalES), pon cifras concretas a unha seca pertinaz e crecente: o mercado laboral español acumulaba a mediados de maio 120.400 vacantes en actividades tecnolóxicas. Un emprego de calidade e ben remunerado (37.660 euros ao ano, 11.000 por enriba da media nacional) que se perde no baleiro.

Páxinas