Un proxecto público-privado de innovación aberta para descubrir novos fármacos baseados en reposicionamento (repurposing) -resultado dun acordo de colaboración entre a Plataforma Drug Discovery (PDD) do Parc Científic de Barcelona (PCB) e as empresas SOM Biotech e Metasbio, con sede no PCB- obtivo unha axuda de 441.884 de euros da Fundación Xenoma España a través da liña de crédito Innocash.
O vindeiro 5 de outubro Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole celebra un encontro que busca estimular a innovación aberta entre as súas empresas mediante un enfoque diferente ao convencional. Os asistentes participarán nunha experiencia que, a través de estímulos sensoriais, lles permitirá interrelacionarse e compartir coñecementos e oportunidades para colaborar en proxectos innovadores.
A directora de Tecnópole, Luisa Pena, participou como mentor no I Foro de Innovación que se celebrou en Ourense no marco do proxecto europeo NACCE. A súa intervención centrouse nas iniciativas que a entidade que dirixe puxo en marcha no ámbito do emprendemento innovador. A xornada tivo lugar a semana pasada na Escola Superior de Enxeñería Informática do campus ourensán da Universidade de Vigo.
Tecnópole participou a pasada semana no Seminario de Difusión de Resultados de Proxectos do Eixe 1 Competitividade e Emprego, celebrado en Braga (Portugal) con motivo do Día Europeo da Cooperación. Parque Tecnolóxico de Galicia presentou os resultados do proxecto transfronteirizo ER-INNOVA, no que actuou como coordinador en calidade de xefe de fila.
A empresa de enxeñería acústica Sonen Acústica, en colaboración coa spin-off de software para enxeñería Sound of Numbers, presenta esta semana nun seminario online gratuíto a iniciativa A Casa do Son. Á sesión en español do martes 25 séguea outra en inglés o mércores 26.
O Instituto Galego de Promoción Económica e o Cluster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dan Vida (Bioga) organizan a segunda edición da Lonxa de Investidores este mércores 25 de setembro en Santiago de Compostela.
A metade das empresas que gañaron este ano o Premio Viveiro de SIMO Network son entidades innovadoras instaladas en parques membros da Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).
España lidera a representación de redes de 'business angels'' ao concentrar o 14% do total, dato que contrasta coas porcentaxes doutros países con máis tradición neste tipo de investimento privado, como Reino Unido ou Alemaña, cun 11% e un 5%, respectivamente, informa nun comunicado a Asociación española de 'business angels' (Aeban).
As españolas Abantia e Comsa Emte crean a primeira planta no mundo (en Les Borges Blanques, en Lleida) en combinar a tecnoloxía solar termoeléctrica cunha unidade de biomasa.
Os robots e os ordenadores poderán conversar e discutir sobre as súas decisións cos humanos nun futuro próximo, segundo un proxecto que desenvolve a universidade escocesa de Aberdeen.
A tecnoloxía dixital remove os alicerces da formación académica. A economía real está a migrar a Internet e ás redes sociais e esixe a resposta de profesionais formados cunha nova bagaxe. A Unión Europea estima que as competencias tecnolóxicas e dixitais frearán o desemprego xuvenil.