Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Emprendedores en busca do seu 'anxo'

Unha forte chuvia de ideas baixo o ceo de Madrid. E ao encontro de moitas destas iniciativas están os business angels, aqueles que se encargan, en certa medida, de que a idea prospere con financiamento, know how, promoción e rede de contactos. Que non quede no camiño. Emprendedores das industrias culturais e creativas e os business angels, da man.

Tecnópole dá a benvida na súa incubadora a dúas novas iniciativas emprendedoras

O Centro de Innovación e Empresas (CEI) de Tecnópole conta con dúas novas iniciativas de emprendemento. Hicom&Technology Business e Spamex Comunicación incorpóranse a dous niños da incubadora principal do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa actividade nos sectores da electrónica de consumo e das telecomunicacións, respectivamente.

Tecnópole acolle unha xornada informativa sobre os empréstitos participativos de ENISA

O próximo día 12 de abril Tecnópole acollerá unha xornada informativa sobre os empréstitos participativos da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), dirixidos a apoiar a creación, crecemento e consolidación de proxectos empresariais mediante un presuposto total de 126 millóns de euros.

Alumnos das Aulas Tecnópole premiados no maior certame científico de España pola súa estratexia para recuperar chans queimados con residuos de celulosa

O estudo sobre a fertilidade dos chans queimados e o deseño de estratexias para recuperalos, traballo realizado por Queila Bouza e Miguel Gómez, resultou premiado no maior certame científico escolar de España, a Exporecerca, celebrada recentemente en Barcelona. O proxecto, que participara na última edición da Galiciencia, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.

Gradiant pecha 2012 con máis de 4 millóns de euros de ingresos

O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) continúa a súa progresión ascendente tras case 5 anos de funcionamento. Proba disto é que pechou o ano 2012 cuns ingresos totais superiores aos 4 millóns de euros, un 28,10% máis que a media 2010-2011.

As empresas innovadoras crecen un 59% en España

O número de empresas innovadoras crece un 59% en España, segundo o estudo europeo sobre I+D+I. O Strategic Research Center de EAE Business School presentou o estudo anual "O investimento en I+D+i en España 2013", que dende hai cinco anos analiza o investimento público e privado en innovación en Europa e España. En xeral, España ocupa o posto 16º entre 27 países.

A Comisión Europea crea unha plataforma para impulsar o espírito emprendedor europeo

A Comisión Europea (CE) anunciou a creación dunha plataforma empresarial, que contará co talento de fundadores de compañías como o servizo de música en liña Spotify ou o programa de telefonía gratuíta por Internet Skype para impulsar o espírito empresarial na Unión Europea.

O organismo encargado de asignar os dominios xenéricos de Internet abre un rexistro mundial de marcas para evitar conflitos

O Internet Corporation for Assigned Names and Numbers (ICANN), organismo encargado de asignar os dominios xenéricos de Internet, abriu un rexistro e unha base de datos de marcas para evitar os conflitos que empezarán a formularse a partir do 23 de abril, a raíz do aumento de dominios comúns, como nomes de cidades e xenéricos do estilo 'books' ou 'news'. A creación do chamado Trademark Clearinghouse (TMCH) intentará previr a posible chuvia de reclamacións polo rexistro de marcas a nivel nacional e internacional.

Intentan aplicar sistemas vivos a ordenadores para facelos máis intelixentes

O Centro de Regulación Genómica (CRG) de Barcelona lidera o proxecto europeo Swan-organ, que intenta aplicar a ordenadores e ao desenvolvemento de robots e novas tecnoloxías sistemas biolóxicos vivos e xenes para que sexan máis intelixentes e se saiban adaptar, como o fan as plantas ou os humanos.

Liberdade para impulsar a innovación

¿Imaxínase traballar nunha empresa sen xefes? ¿E gozar de tres meses de vacacións pagados cada ano sen reticencias? ¿E poder decidir o seu salario e horario de traballo? E mesmo despedir o líder da compañía en que traballa cando non achega valor. Non son utopías, aínda que o pareza. Todas estas medidas son posibles en organizacións punteiras na xestión de recursos humanos.

Libertade para impulsar a innovación

¿Se imagina trabajar en una empresa sin jefes? ¿Y disfrutar de tres meses de vacaciones pagados cada año sin reticencias? ¿Y poder decidir su salario y horario de trabajo? E incluso despedir al líder de la compañía en que trabaja cuando no aporta valor. No son utopías, aunque lo parezca. Todas estas medidas son posibles en organizaciones punteras en la gestión de recursos humanos.

Unha plataforma fará accesible a información das 'smart cities' dende un único punto

A empresa Gowex e o Instituto Tecnolóxico de Informática de Valencia están a desenvolver unha plataforma para aglutinar toda a información das cidades intelixentes e poñela a disposición dos cidadáns. O sistema, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade e a UE, probárase inicialmente en Burgos e Alcalá de Guadaíra (Sevilla) no último trimestre de 2014.

Páxinas