Tecnópole incorporou a ferramenta Canle Orama, desenvolvida pola empresa Contact Comunicación, aos seus protocolos de difusión de eventos. Mediante esta aplicación gratuíta, específica para smartphones, ofrécese ao usuario toda a información relacionada coas actividades ao tempo que se vincula ao seu lugar de celebración.
Tecnópole, en calidade de entidade colaboradora do evento, ofrece entradas gratuítas ás súas empresas para as V Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial que a Universidade de Vigo celebrará entre o 12 e o 16 de novembro.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a activación de recursos por valor de 35 millóns de euros en innovación, que permitirán crear, nos próximos dous anos, 300 empresas innovadoras e mobilizar un investimento total de 80 millóns de euros.
"Ola, moi bos días. Chámome Juan Verde e quero dicirlles que hoxe en día, ser verde non só ten sentido senón que ademais é rendible". Con este habilidoso xogo de palabras apenas tardou o asesor de Barack Obama en España en chamar a atención do auditorio congregado no auditorio de Miñano, uns 200 profesionais chegados a Vitoria dende 80 parques tecnolóxicos e científicos.
O Consello de Ministros de Competitividade da UE alcanzou un acordo político sobre as normas para que os proxectos de investigación accedan aos fondos europeos entre 2014 e 2020, e recolle a proposta de España de financiar o 100% aos centros de investigación de prestixio.
España ten un ratio de 14,05 emprendedores por cada 10.000 habitantes, segundo os datos do mes de setembro rexistrados no 'Radar Empresarial' de Axesor.
O grafeno é definido con frecuencia como un material milagroso. Este cristal de carbono de dúas dimensións combina unha forza inigualable cunha excepcional capacidade para transportar calor e electricidade ademais doutras moitas calidades inusitadas.
Acciona Enerxía culmina en Tudela (Navarra) a primeira experiencia europea dunha instalación fotovoltaica a escala industrial con almacenamento enerxético en baterías.
Nada de coches voadores nin teletransporte. Se se pregunta aos condutores europeos sobre como ven ou desexan o coche do futuro, é dicir, os vehículos de dentro de 25 anos, as respostas están moi afastadas da ciencia ficción. Practicidade e seguridade por riba de todo, segundo mostra a enquisa realizada pola plataforma online de vehículos Autoscout24 entre 9000 condutores de sete países europeos e cuxas conclusións recolle o informe O Coche do Mañá.
Entre as principais causas destacan a falta de apoio e a seguridade. Con todo, entre os servizos destaca OpenStack como o máis popular, con 50% de cota de mercado.
Os consumidores están saturados de información sobre os alimentos máis e menos aconsellables e o que teñen que facer para protexer a súa saúde. As etiquetas dos alimentos cumpren unha función determinante polo que se refire a transmitirlles esa información.
As empresas e centros de coñecemento instalados no Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole iniciaron o pasado venres unha nova dinámica baseada na innovación aberta para enriquecer os seus novos proxectos grazas á colaboración externa. A experiencia púxose en marcha grazas á iniciativa da sociedade xestora de Tecnópole, que organizou para elas un encontro baseado en estimular a innovación aberta mediante estímulos sensoriais.