A innovación é un elemento clave de competitividade mesmo en momentos de crise. Esta é a principal conclusión dunha análise Empresas innovadoras e Competitividade realizado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) a partir de datos do INE e do Panel de Innovación Tecnolóxica, PITEC.
Iberdrola, Repsol Energy Ventures, Corporación Mondragon, CAF, Gamesa, Grupo Talde, Orza, Seed Capital Bizkaia, Sociedade de Xestión de Capital Riesgo do País Vasco, Bulka Angels, IK4 Research Alliance e Tecnalia constituíron oficialmente Cleantech INNvest, a rede de investimento e financiamento de proxectos innovadores de tecnoloxías limpas ("cleantech"), de alto potencial de crecemento global e rendibilidade.
O cloud computing está de moda. A tecnoloxía que permite descentralizar os recursos informáticos das empresas, e adaptalos ás necesidades de cada momento, non para de crecer. Un estudo, elaborado pola Manchester Business School e Rackspace Hosting- unha compañía provedora destes servizos-, asegura que 'a nube' é un substrato importante sobre o que se apoia parte da próxima xeración de start-ups de base tecnolóxica.
A innovación sueca ponse ao servizo do emprendedor español a través dunha iniciativa da Cámara de Comercio Hispano Sueca, o programa mentor, cuxa finalidade é enlazar socios desta -os mentores-, todos eles directivos de gran prestixio empresarial, para guiar e inspirar no seu devir empresarial profesionais emerxentes -os mentorizados-. Dentro das Cámaras europeas representadas en España trátase dunha proposta pioneira, que presentou a súa segunda edición na Embaixada sueca.
As empresas españolas manteñen o liderado no sector termosolar. Participan na promoción ou construción de 2037 MW fóra de España, o que representa un 64% das iniciativas que se desenvolven no mundo.
A finais de ano IBM lanzou as súas predicións a cinco anos vista. Chamábase o seu ensaio IBM 5 en 5" (#ibm5in5), unha lista de innovacións que cambiarán a vida das persoas. Nesa ocasión as súas cinco innovacións correspondíanse cos cinco sentidos dos humanos, pero aplicados aos ordenadores.
Unha nova xeración de tecidos impulsada polos avances tecnolóxicos e científicos áchase á fronte da vangarda téxtil. Trátase de fibras máis lixeiras e resistentes, obtidas mediante a nanoaditivación de nanotubos de carbono.
A innovación aberta é clave para que as empresas galegas sexan máis competitivas ante a crise. Esta é a idea que todos os expertos reunidos o pasado 22 de febreiro en Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole defenderon ante os máis de 150 empresarios que chegaron das catro provincias para asistir ao encontro '5 sentidos para innovar'. Compartir para competir e colaborar para ser máis creativos foron dous dos consellos máis repetidos polos especialistas en innovación.
Só un 5% dos universitarios españois inicia un proxecto empresarial ao final dos seus estudos. No caso da Universidade de Vigo esta cifra ascende ata aproximadamente o 14%, segundo os datos da propia institución. Para contribuír a que os membros da comunidade universitaria escollan o camiño do emprendemento e o fagan con toda a axuda e o apoio posible para ter éxito, a Universidade de Vigo e o Parque Tecnolóxico de Galicia acaban de presentar o proxecto da preincubadora universitaria do campus de Ourense.
Representantes de Tecnópole deron a coñecer este martes o proxecto "5 sentidos para innovar" durante a xornada organizada polo Centro de Excelencia de Vigo baixo o título "Open Innovation. Un novo modelo de innovación", cuxo obxectivo principal foi difundir o modelo de innovación aberta como ferramenta clave para xerar valor engadido nas organizacións e facelas máis competitivas.
A empresa de Tecnópole Intellectia Bank presentou recentemente, no marco dunha xornada informativa, o seu novo sistema de monitorización continua aplicable a diferentes sectores.
O Ministerio de Economía e Competitividade publicou no BOE a convocatoria de axudas do programa Feder-Innterconecta para Galicia, dotado con 75 millóns de euros para cofinanciar proxectos de innovación de alto impacto.