Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Economía e Industria investirá 8 millóns de euros este ano no fortalecemento do Sistema Galego de Innovación

A Consellería de Economía e Industria investirá ao longo deste ano 8 millóns de euros no fortalecemento do Sistema Galego de Innovación. As catro actuacións que centrarán esta aposta foron anunciadas este martes polo titular deste departamento, Francisco Conde, na primeira reunión do Consello Reitor da Axencia Galega de Innovación presidida por el.

Aberto o prazo para participar no Programa de Adestramento Individualizado en Innovación do Centro de Excelencia de Vigo

O Centro de Excelencia de Vigo mantén aberto o prazo para participar na segunda convocatoria do seu Programa de Adestramento Individualizado en Innovación.

Empresarios do sector metalmecánico de Galicia comparten experiencias no primeiro DemoLab do Centro de Excelencia de Vigo

Preto de medio centenar de persoas asistiron a semana pasada ao primeiro DemoLab organizado polo Centro de Excelencia de Vigo sobre novas tecnoloxías de aplicación industrial para o sector metalmecánico, celebrado no Centro Tecnolóxico Aimen.

O CDTI activa unha liña directa de financiamento da innovación empresarial

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) acaba de activar a súa Liña Directa de Innovación, un instrumento financeiro cofinanciado con Fondos Estruturais. A súa finalidade é o apoio a proxectos empresariais que impliquen a incorporación e adaptación de tecnoloxías novidosas a nivel sectorial e que supoñan unha vantaxe competitiva para a empresa. Tamén se financiarán actuacións de adaptación tecnolóxica dirixidas á introdución en novos mercados.

A tablet do futuro será tan fina como un papel

A tablet do futuro chámase "Paper Tab". Como recolle o diario francés Liberation, Intel, a canadense Universidade de Queen e a empresa británica Plastic Logic presentaron a tablet no CES deste ano. Este produto caracterízase por ser tan fino e flexible como unha folla de papel e ter unha pantalla táctil de 10'7 polgadas.

O CSIC patenta un derivado da clara de ovo para usos culinarios

Investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) patentaron un novo produto derivado da clara de ovo que proporciona unha escuma máis esponxosa, brillante, lixeira, uniforme e que ademais resulta máis manexable para a súa aplicación en alta cociña. O ingrediente foi presentado polo cociñeiro Mario Sandoval e o reposteiro Francisco Torreblanca en Madrid Fusión, o foro de difusión das últimas tendencias en gastronomía.

España e India asinan un programa de cooperación para financiar a I+D+i

O ministerio de Economía e Competitividade asinou un programa de cooperación con India para promover e financiar a I+D+i e fortalecer as alianzas durante os próximos tres anos. Con esta sinatura ambos os dous países buscan unha colaboración tecnolóxica que permita xerar beneficios económicos e sociais mutuos e alentar as sinerxías no mercado internacional.

Cara ás tecnoloxías da información... xenética

A orixe da vida é á bioloxía o que a orixe do universo á física, dous temas que non nos deixan indiferentes, non importa a nosa dedicación. A crenza educada é que a complexidade biolóxica tivo como orixe común a molécula de ARN. Cando a complexidade pervive é porque existe unha información asociada que lle confire reproducibilidade; como un libro de instrucións para construír un moble a partir de táboas e parafusos, como unha receita culinaria que pasa de pais a fillos nunha folla de caderno.

O desenvolvemento económico atenúa o emprendemento

O consorcio de investigación académica Global Entrepreneurship Monitor (GEM) sobre a actividade emprendedora global presentou en Malaisia un informe que reflicte a influencia negativa da riqueza na actividade emprendedora. Solicitou información de case 200.000 persoas.

A empresa de electrónica de consumo Primux elixe Tecnópole para instalar o seu departamento de desenvolvemento de novos produtos

Tecnópole aumenta a súa nómina de empresas coa incorporación de sete novas iniciativas de negocio, segundo autorizou o Consello de Administración da entidade na reunión celebrada este martes en Ourense. A reunión estivo presidida por Manuel Varela, vicepresidente do Consello de Administración e director da Axencia Galega de Innovación, en representación da Consellería de Economía e Industria.

As empresas de Tecnópole beneficiaranse de tarifas reducidas nas actividades formativas do Cluster de Automoción

As empresas de Tecnópole beneficiaranse das mesmas tarifas reducidas que os membros do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) no acceso ás actividades formativas que organice a entidade para todo o ano 2013.

APTE presta soporte ás empresas dos parques tecnolóxicos para asistir ao Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

A segunda edición de 'Transfiere', Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga o 13 e 14 de febreiro de 2013.

Páxinas