A Cámara de Comercio de Ourense foi designada pola Comisión Europea como novo membro da rede Europe Direct, un punto de información dirixido á sociedade ourensá en xeral pero que, no caso da Cámara, prestará unha atención especial a empresarios, autónomos, emprendedores e traballadores. Con esta designación, a Cámara ourensá convértese no único centro de información da provincia, terceiro de Galicia e segundo da rede cameral española, xunto con Xixón.
A necesidade de incorporar novos compostos, capaces de substituír aos materiais tradicionais para lograr a eficiencia global de produtos e procesos, levou á industria galega a realizar un importante esforzo no desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras que permitan afrontar o problema da escaseza de recursos.
A compañía española C3M ideou un avanzado sistema de control remoto, baseado na tecnoloxía cloud computing, que xa permite aforros de ata o 60% nas facturas da luz, a auga e o gas.
Hai uns días foi lanzada a terceira convocatoria do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT) para atopar os 10 mozos menores de 35 anos máis innovadores de España.
Na actualidade, os smartphones e tabletas evolucionaron ata estar sobredimensionados para as necesidades da maioría de aplicacións; pero as baterías, malia aumentar a súa capacidade, cada vez duran menos, sinala a SINC Miguel Peña, director de I+D da firma de solucións de software corporativo NTS.
España é o segundo país do mundo con máis patentes de enerxías renovables por habitante, só por detrás de Alemaña e por diante de Estados Unidos, e destaca especialmente pola súa innovación no ámbito solar, no que concentra o 43% do total.
'Creo en diñeiro honesto. Ouro, prata e Bitcoin'. O lema pode lerse nalgúns bares e en adhesivos que portan orgullosos investidores da cada vez máis popular moeda electrónica. Pero, ¿en que consiste Bitcoin? Trátase dunha divisa virtual, sen soporte físico en moedas ou billetes, que se pode adquirir por Internet e que serve para o que calquera outra: comprar ou investir para sacarlle rendemento.
As empresas de renting, de aluguer de frotas de vehículos a empresas con servizos que inclúe ata o mantemento, son pioneiras en utilizar as TIC. Conectan os vehículos a Internet para recoller a información e darlles todo tipo de servizos.
A multinacional IBM abriu hai dous anos na súa filial de investigación de Zúrich (Suíza) un dos centros de nanotecnoloxía máis avanzados do mundo. Trátase do Binnig and Rohrer Nanotechnology Center, no que a firma investiu uns 70 millóns de euros e onde se investigan novas estruturas e dispositivos a escala nanométrica para a informática do futuro. O centro conta con vangardistas salas acoirazadas contra calquera alteración exterior para poder levar a cabo os seus delicados experimentos.
As empresas de alto potencial non teñen límites. Para conseguir que o teu 'start up' consiga esta consideración e capte o interese dos investidores, non fai falta que se trate dunha idea revolucionaria. A clave está na súa capacidade de adaptación ao ámbito e a súa flexibilidade para cambiar o produto ou servizo en función da demanda do cliente. ¿Cumpre o teu negocio con estes requisitos?
O grupo Formato Verde, con sede na Tecnópole, vén de ser galardoado co Adesign Award, un prestixioso premio internacional de deseño industrial, polo seu colector de lixo Big Bin. O contedor, fabricado integramente con pezas procedentes de empresas galegas, foi premiado na categoría de mobiliario urbano pola súa calidade técnica e por ofrecer unha solución construtiva non existente no mercado.
Finalmente serán tres os proxectos que competirán por instalarse na Preincubadora de Empresas promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo. Unha vez rematado o pasado luns o prazo de presentación de propostas, as candidaturas serán sometidas a avaliación e as ideas emprendedoras escollidas obterán de balde un espazo para o seu desenvolvemento, ademais de beneficiarse de actividades de formación e asesoramento gratuítos.