Nos últimos anos, o sector agroalimentario galego centrou os seus esforzos en garantir a calidade e a seguridade alimentaria, dende que un produto se xera ata que chega ao consumidor final. Sobre este tema xirou o DemoLab do sector agroalimentario organizado recentemente polo Centro de Excelencia de Vigo.
A Universidade de Vigo probou con éxito un novo nanosatélite, o HumSAT-D, que acaba de superar dúas semanas de probas, e que será ensamblado proximamente en Roma e posto en órbita, entre finais de maio e xuño, dende Rusia.
A Xunta de Galicia solicitou a Google a tradución ao galego do sistema operativo Android, baseado no software libre, co fin de que estea dispoñible nesta lingua para todos os cidadáns da comunidade con independencia do terminal que utilicen.
Vigo converteuse en cidade pioneira na aplicación de enerxías renovables na iluminación pública. A urbe é a única de España con muíños eólicos integrados na rede de iluminación e só existe unha experiencia similar na ponte do Milenio de Valladolid, pero cunha potencia real moi inferior á de Vigo. A enerxía que subministran os aeroxeradores nas zonas nas que se sitúan vai dende o 11 ao 35% e equivale ao consumo anual de seis fogares.
O capital investido polo emprendedor español para poñer en marcha un negocio derrubouse un 40% en 2012, ata situarse en torno os 18.000 euros de media, se ben a cifra máis frecuente oscilou entre os 5000 euros, un 75% menos que en 2011, segundo o informe Global Entrepreneurship Monitor (GEM).
O enxeñeiro ferroviario José Luis López Gómez, xubilado da firma española Talgo, foi nomeado pola Oficina Europea de Patentes (OEP) ao Premio ao Inventor Europeo 2013 por un sistema de suspensión de rodas que mellora as viaxes en trens de alta velocidade. O método permite que o vagón e as rodas se adapten automaticamente ás pendentes e as curvas e aplícase hoxe en todos os talgos.
Fabricar tecidos artificiais con propiedades dos tecidos vivos a partir de miles de gotas de auga e con aplicacións médicas. Iso é o que logrou un equipo da Universidade de Oxford (Reino Unido) grazas a unha impresora 3 D programable que logrou un material tridimensional que algún día podería imitar o comportamento das células nos tecidos.
Unha forte chuvia de ideas baixo o ceo de Madrid. E ao encontro de moitas destas iniciativas están os business angels, aqueles que se encargan, en certa medida, de que a idea prospere con financiamento, know how, promoción e rede de contactos. Que non quede no camiño. Emprendedores das industrias culturais e creativas e os business angels, da man.
O Centro de Innovación e Empresas (CEI) de Tecnópole conta con dúas novas iniciativas de emprendemento. Hicom&Technology Business e Spamex Comunicación incorpóranse a dous niños da incubadora principal do Parque Tecnolóxico de Galicia para desenvolver a súa actividade nos sectores da electrónica de consumo e das telecomunicacións, respectivamente.
O próximo día 12 de abril Tecnópole acollerá unha xornada informativa sobre os empréstitos participativos da Empresa Nacional de Innovación (ENISA), dirixidos a apoiar a creación, crecemento e consolidación de proxectos empresariais mediante un presuposto total de 126 millóns de euros.
O estudo sobre a fertilidade dos chans queimados e o deseño de estratexias para recuperalos, traballo realizado por Queila Bouza e Miguel Gómez, resultou premiado no maior certame científico escolar de España, a Exporecerca, celebrada recentemente en Barcelona. O proxecto, que participara na última edición da Galiciencia, foi desenvolvido no marco das Aulas Tecnópole, o programa de capacitación en habilidades científicas e innovadoras organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia e financiado pola Consellería de Economía e Industria.
O Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) continúa a súa progresión ascendente tras case 5 anos de funcionamento. Proba disto é que pechou o ano 2012 cuns ingresos totais superiores aos 4 millóns de euros, un 28,10% máis que a media 2010-2011.