Apostar pola creatividade e integrala nos procesos empresariais como elemento xerador de valor engadido foron as principais recomendacións realizadas polos expertos reunidos hai uns días Vigo na xornada "Innovación dende o interior: pensamento creativo", organizada polo Centro de Excelencia de Vigo.
O proxecto 'MiDNIe&DNIeDROID: DNI electrónico con dispositivos Android', desenvolvido por Instituto Nacional de Tecnoloxías da Comunicación (Inteco), resultou galardoado co premio finalista Security Forum 2013 na categoría de Mellor Proxecto de I+D+i de Seguridade en España.
Os laboratorios farmacéuticos traballan ás cegas cando se trata de deseñar novos medicamentos. Unha startup española, Plebiotic, non só está a demostrar que os ordenadores poden facer ese traballo, senón que o poden facer ben.
O proxecto InnovAcciones 360°, centrado no sector do envase alimentario, celebrou hai uns días a súa primeira sesión. O seu obxectivo é que sexa a propia experiencia dos usuarios a que guíe o proceso de innovación científica, nun intento por achegar a ciencia á sociedade.
Un grupo de investigadores da Universdade Politécnica de Valencia (UPV), en colaboración coa empresa Marcas Viales, desenvolveu un novo produto que se aplica ao pavimento e axuda a mellorar a seguridade nos tramos de concentración de accidentes.
España inaugurou o primeiro Centro Demostrador de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións para o Sector de Loxística, nas instalacións do Instituto Tecnolóxico de Aragón (ITA), en Zaragoza. Este centro, único en España, quere ensinar para que poden servir as TIC a aquelas empresas dedicadas á loxística ou que teñen un departamento de loxística.
Cando Anne Roudaut, unha enxeñeira informática francesa nacida en 1982, explica as ideas que ten na cabeza, calquera teléfono do mercado parece un fósil.
O experto en comunicación Jorge Cebreiros impartirá este mes de abril en Tecnópole un taller sobre técnicas efectivas para falar en público. Haberá dúas sesións en horario de tarde os días 23 e 30 e a inscrición está limitada a un total de dez persoas para garantir o carácter práctico da formación.
O próximo venres 26 de abril celebrarase en Tecnópole unha xornada sobre estratexia empresarial baixo o título "¿Como transformar o teu modelo de negocio?", na que intervirán representantes de Excelia e Bodegas Martín Códax.
A empresa de electrónica de consumo Primux Tech, que instalou recentemente o seu departamento de novos produtos en Tecnópole, acaba de abrir a súa tenda online en store.primux.es.
Máis de 300 alumnos participaron o pasado día 5 no espectáculo 'Ciencia vs Ficción', co que comezaba en Tecnópole a segunda xira dos Espectáculos de Ciencia organizados por Parque Tecnolóxico de Galicia e Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Economía e Industria.
A convocatoria do programa Feder-Innterconecta correspondente a este ano tivo grande aceptación no sector empresarial galego, que presentou 119 propostas para proxectos de I+D cun presuposto total que supera os 267 millóns de euros. En total participan 524 empresas, das que o 70% son pemes, e 297 organismos de investigación, segundo datos provisionais analizados polo Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI).