Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

España é o segundo país do mundo en patentes de enerxías renovables por habitante

España é o segundo país do mundo con máis patentes de enerxías renovables por habitante, só por detrás de Alemaña e por diante de Estados Unidos, e destaca especialmente pola súa innovación no ámbito solar, no que concentra o 43% do total.

Bitcoin: ¿a revolución económica da era de Internet ou un experimento repleto de riscos?

'Creo en diñeiro honesto. Ouro, prata e Bitcoin'. O lema pode lerse nalgúns bares e en adhesivos que portan orgullosos investidores da cada vez máis popular moeda electrónica. Pero, ¿en que consiste Bitcoin? Trátase dunha divisa virtual, sen soporte físico en moedas ou billetes, que se pode adquirir por Internet e que serve para o que calquera outra: comprar ou investir para sacarlle rendemento.

O coche conectado empeza a rodar en España

As empresas de renting, de aluguer de frotas de vehículos a empresas con servizos que inclúe ata o mantemento, son pioneiras en utilizar as TIC. Conectan os vehículos a Internet para recoller a información e darlles todo tipo de servizos.

IBM innova en nanotecnoloxía coa colaboración da USC dende o corazón de Europa

A multinacional IBM abriu hai dous anos na súa filial de investigación de Zúrich (Suíza) un dos centros de nanotecnoloxía máis avanzados do mundo. Trátase do Binnig and Rohrer Nanotechnology Center, no que a firma investiu uns 70 millóns de euros e onde se investigan novas estruturas e dispositivos a escala nanométrica para a informática do futuro. O centro conta con vangardistas salas acoirazadas contra calquera alteración exterior para poder levar a cabo os seus delicados experimentos.

Comproba se a túa idea pode ser unha 'start up' de alto potencial

As empresas de alto potencial non teñen límites. Para conseguir que o teu 'start up' consiga esta consideración e capte o interese dos investidores, non fai falta que se trate dunha idea revolucionaria. A clave está na súa capacidade de adaptación ao ámbito e a súa flexibilidade para cambiar o produto ou servizo en función da demanda do cliente. ¿Cumpre o teu negocio con estes requisitos?

O colector de lixo creado por Formato Verde gaña un prestixioso premio internacional de deseño industrial

O grupo Formato Verde, con sede na Tecnópole, vén de ser galardoado co Adesign Award, un prestixioso premio internacional de deseño industrial, polo seu colector de lixo Big Bin. O contedor, fabricado integramente con pezas procedentes de empresas galegas, foi premiado na categoría de mobiliario urbano pola súa calidade técnica e por ofrecer unha solución construtiva non existente no mercado.

Tres proxectos optan a estrear a Preincubadora de Empresas da Tecnópole e a Universidade de Vigo

Finalmente serán tres os proxectos que competirán por instalarse na Preincubadora de Empresas promovida por Tecnópole e a Universidade de Vigo. Unha vez rematado o pasado luns o prazo de presentación de propostas, as candidaturas serán sometidas a avaliación e as ideas emprendedoras escollidas obterán de balde un espazo para o seu desenvolvemento, ademais de beneficiarse de actividades de formación e asesoramento gratuítos.

Gradiant e a Fundación Barrié lanzan unha aplicación para traballar con documentos cifrados en Google Drive

Hoxe en día xestionamos moita información na chamada "nube", o que nos permite o acceso dos nosos datos dende calquera lugar e dispositivo, así como a súa compartición con outras persoas de forma sinxela. Non obstante, a xestión da información na nube obríganos a confiar a seguridade da nosa información ao provedor dos servizos de cloud.

A Xunta de Galicia facilita ás empresas o acceso aos fondos europeos e estatais para proxectos de I+D+i

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) organizou un taller de dous días para ofrecer aos empresarios galegos as ferramentas necesarias para acceder aos 42 millóns de axudas á innovación procedentes dos fondos europeos e estatais. Para iso, están a recibir o asesoramento de especialistas do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI). Estas subvencións e empréstitos proceden fundamentalmente do Fondo Tecnolóxico Europeo e son xestionadas polo propio CDTI.

As empresas innovadoras ou de base tecnolóxica xa poden presentar a súa oferta a investidores de capital risco do Programa Innvierte

O Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) abriu a través da súa páxina web a presentación de solicitudes de empresas innovadoras ou de base tecnolóxica que busquen investidores de capital risco que participen no Programa Innvierte.

As Cámaras destinan 40 millóns de euros a fomentar a innovación das pemes españolas

As pemes españolas cada vez invisten menos en innovación, só no último ano, segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), o investimento en I+D sobre o PIB en España caeu no último ano do 1,39% ao 1,33%. Conscientes desta realidade, dende 2007, a través do Programa InnoCámaras, as Cámaras de Comercio dedican 40 millóns de euros para impulsar a adopción nas pemes de metodoloxías que permitan incorporar a innovación de modo sistemático á súa actividade habitual.

A patronal Asebio leva ata Latinoamérica o seu encontro BioSpain

España vai exportar biotecnoloxía. Non en produtos, pero si un formato de cita entre compañías e investidores. A patronal Asebio (Asociación de Española de Bioempresas) vai reproducir a feira empresarial BioSpain para toda Latinoamérica, co nome de BioLatam, reservándose os dereitos de propiedade e exercendo de entidade organizadora.

Páxinas