Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Galicia prepárase para acoller o seu primeiro parque experimental de enerxía undimotriz

A Xunta de Galicia busca situación para o que será o primeiro parque experimental de enerxía undimotriz da comunidade. O director do Instituto de Enerxía de Galicia (Inega), Eliseo Diéguez, visitou estes días o porto de Cariño, onde están a punto de finalizar as obras de construción da planta de fabricación de boias da compañía Galicia Mar Renovables.

O Servizo de Información Comunitario sobre Investigación e Desenvolvemento lanza un buscador de socios para proxectos europeos

O Servizo de Información Comunitario sobre Investigación e Desenvolvemento (Cordis) lanzou recentemente un novo servizo para a busca de socios.

Un equipo de científicos obtén enerxía a partir de auga, ferro e luz solar

Un equipo de científicos da Universitat de Girona (UdG) conseguiu obter enerxía a partir da auga, o ferro e a luz solar. Mediante o ferro e a través da luz solar, os investigadores conseguiron romper moléculas de auga e separar o osíxeno do hidróxeno, que se utiliza como combustible.

Novos envases intelixentes informarán sobre o mantemento da cadea de frío en alimentos frescos

Os institutos tecnolóxicos da Embalaxe, Transporte e Loxística (ITENE) e Óptica, Cor e Imaxe (AIDO) están a desenvolver o proxecto de I+D Smart Cold Pack, cuxo obxectivo é o desenvolvemento dun envase alimentario capaz de informar sobre o control da cadea de frío.

Un centro tecnolóxico catalán crea tecidos que captan a enerxía do sol

As teas poden aplicarse en cadros de instrumentos para coches, coxíns e chaquetas con capacidade de xerar enerxía limpa, renovable e autónoma.

Un cromosoma sintético de fermento abre a porta cara ao xenoma artificial

A bioloxía sintética, un campo de investigación moi activo actualmente cuxo obxectivo é deseñar e fabricar novas funcións e sistemas biolóxicos, dá un paso adiante importante cos experimentos dun equipo estadounidense que logrou fabricar un fragmento artificial dun cromosoma de fermento e demostrar que funciona cando se incorpora ao ser vivo.

A rede enerxética do futuro, xa en marcha

A multinacional Saft anunciou que vai traballar como partner de primeira orde para prover os compoñentes do sistema de almacenamento enerxético do Nice Grid, un proxecto que pretende deseñar a rede enerxética do futuro.

Tecnoloxía española para a agricultura do século XXI

O invernadoiro situado xunto á empresa de sementadoras Conic System en Barcelona está impregnado co acolledor aroma de brotes novos. O edificio alberga plantas para transplante que a empresa vende a xardineiros afeccionados e cultivadores. Este espazo é tamén o centro de probas ideal para as innovacións en sementadoras e sistemas de rego de Conic System.

O grafeno non substituirá ao silicio ata 2024

O investigador do Georgia Institute of Technology James D. Meindl rebaixou as esperanzas de moitos baseadas no emprego do grafeno a curto prazo. Segundo o experto, ata que non se alcancen niveis de produción moi avanzados non será viable a substitución do silicio por este material nos procesadores e outros microcompoñentes, onde implicaría melloras considerables.

Tecnópole abre o período de recepción de proxectos para a Galiciencia 2011 ata o 23 de outubro

Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a 'Galiciencia 2011' ata o 23 de outubro. Os equipos de estudantes de Secundaria aspirantes a expoñer na maior feira científica que se celebra anualmente en Galicia poderán facer chegar as súas propostas innovadoras ata esa data para competir no proceso que levará á selección dos 50 participantes definitivos.

Os emprendedores de Tecnópole teñen un 50% de desconto na inscrición para o Investment Readiness

A Universidade de Santiago de Compostela organiza, en colaboración coa Xunta de Galicia, unha xornada para coñecer e debater dende diferentes ópticas todos os pasos que unha persoa emprendedora ten que dar para optimizar a busca de financiamento privado para o seu proxecto empresarial. Como entidade colaboradora de Inberso, os membros de Tecnópole teñen un 50% de desconto na cota de inscrición.

O Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole celebra a súa terceira edición a finais deste mes

As pistas de tenis da zona polideportiva do Parque Tecnolóxico de Galicia acollerán a finais deste mes de setembro a terceira edición do Torneo de Tenis Interempresarial de Tecnópole, unha competición por parellas que poderá seguirse a través do Twitter e que recollerá as súas mellores imaxes na galería en Flickr.

Páxinas