Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Centro Tecnolóxico AIMEN idea un sistema láser para fabricar módulos fotovoltaicos óptimos a partir de células solares defectuosas


O Centro Tecnolóxico AIMEN lidera un proxecto europeo de I+D para desenvolver un dispositivo láser destinado á reparación de células fotovoltaicas danadas durante o seu proceso de fabricación, para producir con elas novos módulos fotovoltaicos, de características melloradas e con formatos personalizados.

Airbus Military, ADIF e Tecnalia Research & Innovation levan o premio Sello Innovación 2011 de APTE

A empresa Airbus Military e as entidades ADIF e Tecnalia Research & Innovation resultaron galardoadas na última edición do premio Sello Innovación 2011 de APTE. Os premios entregaraos o secretario xeral de Innovación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Juan Tomás Hernani, o próximo 13 de outubro, coincidindo coa inauguración do quinto Encontro Ibérico de Parques Científico e Tecnolóxicos, xornada que se celebrará no Parque Científico de Madrid.

Innovar e emprender dende a Universidade para saír da crise

Nas receitas de políticos e economistas para saír da crise hai unha idea recorrente pero de percorrido complicado. Innovar e emprender. A pregunta que se lle presenta aos mozos é ¿como? A Universidade de Vigo, en colaboración co Ministerio de Educación, procura facilitarlles o camiño e promover este tipo de inquietudes a través de iniciativas como o Premio Espírito Emprendedor Universitario, que este luns entregou os galardóns da súa primeira edición.

Nace o portal europeo de servizos de apoio á innovación para as pemes biotecnolóxicas

O pasado 15 de setembro púxose en marcha Tools of Science (www.toolsofscience.eu), o primeiro portal europeo que ofrece ás empresas biotecnolóxicas unha base de datos online das mellores instalacións e provedores de servizos especializados das principais biorrexións de Europa, así como as oportunidades de financiamento de que dispoñen a escala nacional e internacional para os seus proxectos de I+D+i.

O programa BIC i-TEAMS axudará a innovar as empresas galegas de base tecnolóxica e recente creación

A Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia), vai poñer en marcha o Programa BIC i-TEAMS, deseñado para axudar a innovar ás empresas galegas de base tecnolóxica e recente creación, mediante a definición dunha carteira de proxectos de innovación e a concreción dun proxecto específico, en forma de nova proposta de produto ou servizo innovador.

A enerxética galega Norvento lanza un novo coxerador único no mundo

O modelo de aeroxerador Ned-100 que desenvolveu a empresa galega Norvento Enerxía explora un novo concepto de xeración eléctrica e está enfocado a xestionar enerxía e non só a consumila como acontecía ata agora. O aeroxerador, único no mundo, produce electricidade só onde se necesita, polo que axudará a abaratar custos enerxéticos.

Bruxelas prorroga ata 2020 os fondos para Galicia

Andalucía, Castela-A Mancha, Galicia e Murcia beneficiaranse dunha prórroga na recepción de fondos europeos, segundo os proxectos de regulamento aprobados a semana pasada pola Comisión Europea. Sumaranse a Estremadura, cuxa prórroga se daba por feito inicialmente. As normas crean unha nova categoría na repartición de fondos, á que poderían acollerse 51 rexións en toda Europa.

Por cada euro en I+D, España gasta catro en débeda

Aínda que non se pode establecer correlación, extráense lecturas pesimistas achegando os datos de débeda e I+D. Por cada euro investido en investigación e desenvolvemento, o Estado gastará catro en pagar intereses polo stock de débeda pública emitido.

Tecnalia reduce custos na fundición de metal cunha pioneira técnica de plasma

O centro tecnolóxico español Tecnalia desenvolveu un sistema denominado 'facho de plasma', que permite gañar en precisión á hora de quentar o metal. Reduce os custos da operación, mellora a calidade do produto e aforra enerxía.

Asfalto de estrada creado con residuos plásticos

O Instituto Tecnolóxico do Plástico (AIMPLAS) inicia, xunto á Universidade de Cantabria, Accionan Infraestruturas e Vías-M Estradas Madrid, un proxecto destinado a desenvolver asfalto de caucho proveniente de pneumáticos usados.

Tinta inteligente: los sellos termocromáticos informan sobre lo que consumimos

Forman parte dun futuro non moi afastado. As impresións 'intelixentes' achegan un valor engadido aos produtos e incrementan a seguridade de cara aos usuarios e os seus fabricantes. Teñen múltiples aplicacións, que van dende o aviso de se está fría ou quente unha bebida ou precociñado, ata a súa trazabilidade.

Unha rede social para axilizar a comunicación científica

A comunidade científica é un ámbito de constante intercambio de información, pero esa comunicación entre investigadores non é uniforme e, en calquera caso, é mellorable. Con esta idea na cabeza, o italiano Massimo Marchiori, creador do motor de busca por Internet Hypersearch (un dos piares de Google) deseñou unha rede social dedicada directamente á comunidade científica, co obxectivo de facilitar o traballo intersectorial e interdisciplinar. Propuxo esta REIsearch á plataforma Atomium Culture, da que é responsable de tecnoloxía, e xa está en desenvolvemento.

Páxinas