Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Un paso máis preto da tan esperada patente europea

As pequenas e medianas empresas poderían beneficiarse en breve da posibilidade de rexistrar patentes de forma máis sinxela e barata, grazas a que os ministros de competitividade da Unión Europea deron luz verde a que 25 Estados membros cren unha patente unitaria. Esta decisión histórica permite enxergar o final do longo camiño lexislativo cara a unha patente europea.

A Comunidade Europea aproba a creación dun imposto de sociedades europeo

Bruxelas aprobou hai uns días o proxecto de creación dun imposto de sociedades europeo. As empresas que o desexen poderán presentar unha soa liquidación de resultados para toda Europa, aínda que a parte de negocio asignada a cada país se seguirá gravando co tipo impositivo nacional.

O Parque Científico e Tecnolóxico Cartuja 93 inaugura un centro para destapar xenes enfermos

O proxecto Xenoma Médico, unha das xoias da coroa da investigación andaluza, botou a andar de xeito oficial. A conselleira de Saúde, María Jesús Montero inaugurou as instalacións do programa, cun presuposto inicial de 17,6 millóns de euros. O centro está situado no Parque Científico e Tecnolóxico Cartuja 93 e xa acolle parte da vintena de investigadores que traballarán nel.

Sete centros de investigación unen forzas para deseñar o envase do futuro

Alongar a vida útil dos alimentos constitúe un factor clave para a competitividade das empresas e para a seguridade e comodidade dos consumidores. Sete centros tecnolóxicos españois, entre os que se atopa o galego ANFACO-CECOPESCA; subscribiron unha alianza estratéxica para desenvolver envases intelixentemente activos, capaces de mellorar os procesos de conservación.

A empresa Miraveo, con sede en Silicon Valley, instálase no Parque Tecnolóxico BCNord

A empresa Miraveo, que desenvolve e comercializa un sistema que permite establecer redes para comunicarse e compartir arquivos en ámbitos locais mediante dispositivos móbiles, instalouse no Parque Tecnolóxico Barcelona Nord.

Un escáner de man para diagnosticar o cancro

Un equipo de científicos da Universidade de Harvard e do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts creou un aparato lector que pode detectar o cancro nunha hora.

Nove empresas e once hospitais alíanse para investigar ingredientes máis sans

Un total de nove empresas e outros once hospitais e centros de investigación españois aliáronse nun proxecto "pioneiro que busca coñecer beneficios saudables dos alimentos a través de investigación científica e métodos innovadores reservados ata agora case á industria farmacéutica".

As empresas buscan clientes nas redes sociais e o móbil

"Todo cambiou". Esta frase repetiuse sen parar nos corredores e relatorios dunha das feiras de mercadotecnia dixital máis concorrida en España, a OMExpo, celebrada en Madrid.

Páxinas