Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

¿Queres ser un líder innovador?

Ter visión para o cambio e saber afrontalo, pensar como un investidor, romper as regras e saber distribuír as tarefas son algunhas das dez regras imprescindibles para ser un líder innovador.

A orixe da creatividade

Todos os grandes creadores collen prestado, transforman ou rouban, como por exemplo Manuel Jalón Corominas, innovador español e pai da fregona moderna, que se dedicou principalmente a mellorar produtos xa existentes, facéndonos a vida máis sinxela.

O dectector de chuvia ácida das Aulas Tecnópole é finalista do certame “Jóvenes Investigadores 2014” do Goberno español

O sistema de detección de chuvia ácida en solos e plantas desenvolvido por tres alumnos das Aulas Tecnópole vén de ser elixido finalista do certame “Jóvenes Investigadores 2014”, convocado polo Instituto da Xuventude do Goberno español. O proxecto, desenvolvido por Queila Bouza, Miguel Gómez e Jorge Cordero, foi exposto o pasado mes de maio na Intel International Sciencie and Engineering Fair de Los Ángeles (EE.UU.), unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario.

O conselleiro de Economía destaca en Tecnópole o apoio da Xunta a 15 proxectos de biotecnoloxía

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destaca que o apoio da Xunta a 15 proxectos biotecnolóxicos innovadores nos últimos dous anos a través dos programas Innterconecta e Conecta Pemes, que están a mobilizar 260 millóns de euros en toda Galicia, "mostra o potencial do sector" na comunidade. Conde participou no V Bio Investor Day, unha lonxa de financiamento impulsado por Bioga e pola Xunta no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) que puxo en contacto hai uns días a emprendedores que teñen proxectos innovadores de primeiro nivel con fondos de capital risco, tanto públicos como privados e tanto nacionais como estranxeiros.

Conde destaca o papel do campamento de Tecnópole na potenciación do talento dos novos galegos e subliña a creatividade dos participantes

A visita do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, puxo o punto e final aos Tecnópole Technological Workshops (T2W) deste ano. Acompañado polo director do Parque Tecnolóxico de Galicia, Ricardo Capilla, Conde destacou o importante papel que desenvolven as Aulas Tecnópole na potenciación do talento dos mozos galegos e subliñou a creatividade dos 30 participantes no campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole, que tal e como destacou, fomenta a innovación e o espírito emprendedor que está a impulsar a Consellería de Economía e Industria.

Un deseñador galego patenta un sistema para facilitar a carga dos avións

O deseñador galego Pablo Catalán acaba de conseguir unha patente sobre un sistema modular que pretende simplificar a carga e descarga de avións e que pode mesmo salvar a vida de pasaxeiros e tripulación, en situacións de inminente catástrofe, segundo indicou o autor desta invención.

Investigadores de Aimen crean unha prótese de cadeira máis compatible e duradeira

O aumento da esperanza de vida provoca que as intervencións de substitución de cadeira sexan cada vez máis habituais. O desenvolvemento de compoñentes que incrementen a súa fixación, eviten o rexeitamento nos pacientes, melloren a súa recuperación e aumenten a vida útil das próteses, reducindo o número de reimplantacións, é por iso moi necesario.

Unha patente do CTAG permite deseñar a primeira chaqueta calefactable do mercado

A empresa galega Scio Innovation Technologies empezará a vender en setembro as súas chaquetas con calefacción incorporada, unha peza que segundo os seus creadores é única no mundo e permite ao usuario seleccionar a temperatura á que desexa estar a través dunha aplicación de móbil e mantela estable. Esta innovación foi desenvolvida en alianza co Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), que achegou a patente dos tecidos calefactables, baseada nunha tecnoloxía de carbono. A compañía desenvolveu a nanotecnoloxía que permite xerar a calor cunha batería do tamaño dun teléfono móbil e unha gran autonomía e controlala a través dun teléfono intelixente.

España segue afastándose dos países de referencia nos seus indicadores de I+D+i

Os datos do último informe anual da Fundación Cotec indican que a profunda crise que está a vivir Europa, e especialmente España, ten inevitables consecuencias para o sistema español de innovación, aínda que non son igualmente intensas para todos os seus axentes e sectores, sendo o máis castigado o sector público. Con todo, tamén se observa un cambio de tendencia na opinión dos expertos consultados por Cotec, a principios de 2014, que se mostran algo menos pesimistas que en anos anteriores.

O 7,8% do PIB español depende xa da biotecnoloxía

A Asociación Española de Bioempresas (ASEBIO) presentou o Informe Anual ASEBIO 2013, que recolle os últimos datos do sector biotecnolóxico español. O informe destaca o crecente peso da facturación das empresas da chamada bioeconomía (as dedicadas á biotecnoloxía e as que se declaran usuarias) no PIB español, que en 2012 -último dato analizado- alcanzou o 7,8%. A evolución nos anos da crise, desde 2008, foi espectacular, xa que por entón a bioeconomía apenas supuña o 2,98% do PIB.

A Unión Europea abre unha convocatoria para adxudicar 1130 millóns en proxectos de innovación

A Unión Europea (UE), os seus Estados membros e o sector privado presentaron a primeira convocatoria para adxudicar 1130 millóns de euros de fondos públicos aos mellores proxectos que contribúan a mellorar a vida dos cidadáns e impulsar a competitividade europea en diversos ámbitos.

Innovadora ferramenta para medir o impacto social da I+D+i

Tecnalia e APTES desenvolveron unha novidosa ferramenta que avalía o impacto social que teñen os proxectos de I+D+i en calquera empresa ou entidade.

Páxinas