O futuro en Galicia a vista de dron. Estes pequenos vehículos aéreos sen tripulantes chegaron ao sector tecnolóxico para quedar, co que parece prioritario elaborar fórmulas seguras para a súa circulación e utilidades. Con esta premisa, o Instituto Tecnolóxico de Galicia presentou, xunto a Star Defense Logistics & Engineering (SDLE), a Unidade Mixta de Investigación Fastfly 2035. O proxecto, impulsado pola Xunta, desenvolve a intelixencia artificial, a robótica, a electrónica e as comunicacións co obxectivo de optimizar a seguridade e a viabilidade das operacións con drones.
A investigación do equipo da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela María José Alonso para atopar unha nova vacina contra o COVID-19 avanza á espera de ter resultados en ratos. “A nosa finalidade é conseguir unha vacina óptima que sexa estable para que tamén poida ser accesible aos países en vías de desenvolvemento, onde as infraestruturas sanitarias son moi precarias e resulta moi complexo manter a cadea de frío”, sinala a investigadora.
Galicia non ten ningún hospital incluído no plan de terapias con CAR-T, o tratamento máis avanzado contra o cancro, pero polo menos contará cun centro de produción destes medicamentos que se porá en marcha este ano. Trátase dunha terapia celular innovadora e personalizada que revolucionará o xeito de tratar o cancro e suporá un punto de inflexión, xa que ten unha “alta eficacia” e ofrece esperanzas a pacientes “que xa esgotaron todas as vías de curación”, segundo explicou a Consellería de Sanidade.
O sector español das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) elevou a súa cifra de negocio un 2,2% en 2020, até 55.660 millóns de euros, pese ao impacto da crise do Covid-19, segundo un estudo publicado por Computing, que recolle os datos das 100 primeiras firmas tecnolóxicas do país.
Cada vez son máis os consumidores que valoran a orixe dos produtos ou que estes sexan respectuosos co medio ambiente. E a madeira é un deses materiais á alza, pero dos que non sempre se sabe pór en valor o seu carácter sustentable. Por iso a Consellería do Medio Rural, en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), deseñou unha ferramenta destinada a que o consumidor, consultando un simple código QR, poida coñecer todo o proceso que seguiu a madeira até acabar no produto que ten diante.
Hai revolucións que chegan para quedar e a da tecnoloxía, aplicada na xestión de procesos, é unha delas. As ferramentas de análises que utilizan a intelixencia artificial e o chamado big data non son cousa do futuro, senón do presente, e cada vez hai máis empresas interesadas nelas para mellorar os seus resultados.
Unha investigación internacional con participación dos científicos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) José C. Tubío e Martín Santamarina desvela a “cara oculta” do xenoma humano, un traballo que afonda na secuenciación de 64 xenomas a unha resolución «sen precedentes». O traballo foi publicado pola revista Science e supón un importante paso para avanzar no coñecemento do xenoma, así como para ampliar o coñecemento sobre a diversidade xenética das poboacións humanas.
O sector agroalimentario galego, sumados mar e terra, é o quinto máis importante de España, cun valor engadido bruto (VAB) que con 7.107 millóns de euros representa o 12,1 % do total que xera a economía autonómica. Agricultura e pesca son as actividades estrela, totalizando o 43,9 % do VAB do sector, seguido pola comercialización, que representaría o 30,3 %.
Galiciencia é a maior feira científica que se celebra na nosa comunidade, promovida polo Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole- desde o ano 2006. A súa finalidade é achegar a ciencia á sociedade, en particular aos estudantes de Primaria, Secundaria, FP e Bacharelato, contribuíndo a espertar neles as vocacións científicas. Conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain); e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación.
A empresa galega de drones Aerocamaras busca novas aventuras mar dentro. A compañía que vixiaba o aforamento das praias este verán, pola pandemia, asóciase con Península Petroleum, a principal compañía provedora de combustible mariño. Fano cunha joint venture da que nace Dons Maritime, unha firma que explorará as aplicacións dos drones na industria marítima.
O sector biotecnolóxico galego é un dos que máis crecemento presenta nos últimos anos. En 2019, Galicia foi, só por detrás de Euskadi, o territorio no que máis empresas de base biotecnolóxica se crearon, mais o investimento en I+D+i parece ser aínda unha materia pendente.
A xenómica é un campo da bioloxía molecular que parte do estudo do máis básico dos seres vivos, do seu ADN. A súa aplicación no ámbito sanitario é quizais o máis coñecido pero non o único e Galicia conta cunha das empresas punteiras en proxectos de I+D xenómica. Nacida hai dez anos nun viveiro de empresas da Universidade da Coruña, AllGenetics ten hoxe clientes en máis de 20 países.