Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A empresa Primux, situada en Tecnópole, fabricará ordenadores enfocados na intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición

Primux é unha empresa galega dedicada ao desenvolvemento de tecnoloxía accesible, con máis de quince anos de traxectoria na fabricación de ordenadores, portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios informáticos diversos. Con sede no Parque Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-, acaba de lanzar ao mercado os seus novos ordenadores gaming Lynx e Draco. Reforza así a súa aposta por ámbitos cunha importancia crecente na actualidade: a intelixencia artificial, a realidade virtual e o gaming de competición.

Cando o auxilio chega polos aires: drons con tecnoloxía española que rescatan persoas e desactivan explosivos (Aerocamaras)

A empresa galega Aerocamaras, especializada no desenvolvemento de vehículos non tripulados e solucións tecnolóxicas para estes equipos, desenvolveu unha serie de innovacións pioneiras en Europa para o uso de drons en tarefas de rescate e seguridade. Trátase de tecnoloxías e desenvolvementos 100% made in Spain que se poden aplicar a servizos profesionais como loxística, inspeccións técnicas, emerxencias, seguridade, topografía, agricultura de precisión ou mesmo ao mundo audiovisual.

BFFood, a aceleradora do sector alimentario de Galicia, abre a web a candidatas

Impulsada pola Xunta e dinamizada por Clusaga, a aceleradora do sector alimentario BFFood seleccionará ata 16 proxectos de emprendedores, novas empresas, spin offs e startups. Nesta V edición pódense presentar candidaturas ata o 20 de decembro ás 14.00 horas a través da web. Son as empresas as que mentorizan os proxectos.

Madeira, a grande aliada para axudar a construír un futuro sostible

Biofilia, sustentabilidade e, en xeral, mellora da calidade de vida son varios dos conceptos que van asociados ás edificacións construídas coa madeira como elemento principal; conceptos que se incrementan ao tratarse de instalacións destinadas ao coidado da saúde. Os beneficios que as construcións nun material natural e orgánico como é a madeira teñen sobre a saúde das persoas non son novos.

A Deputación de Ourense creará tres oficinas de apoio á transformación dixital de empresas

A Deputación de Ourense porá en marcha o proxecto AcelerOu de apoio a pequenas e medianas empresas, autónomos e emprendedores para levar a cabo a transformación dixital dos seus negocios. Cunha duración de 24 meses, o programa abrangue desde a dixitalización das empresas até a estratexia e cultura dixital, a relación co cliente, a visibilidade e comercialización dos novos produtos e servizos, sen esquecer a seguridade informática.

Unha de cada cinco empresas tecnolóxicas da provincia de Ourense usa IA

A provincia de Ourense sae gañando en crecemento exponencial e en emprego de tecnoloxías innovadoras como a Intelixencia Artificial nalgún dos procesos da empresa. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) recoñece o auxe TIC de Ourense destacando que, tras a pandemia, incrementouse o número de empresas TIC na provincia ourensá, cun crecemento de 19 compañías, fronte ás 16 de Pontevedra, 15 da Coruña e 10 de Lugo.

Medra o uso de tecnoloxías de Intelixencia Artificial por parte das empresas galegas

As tecnoloxías disruptivas están cada vez máis presentes nas empresas da comunidade, e como mostra vemos que o 10,9% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores emprega algunha tecnoloxía de Intelixencia Artificial, o que sitúa a Galicia no quinto posto do ranking por comunidades autónomas, por diante de Andalucía ou o País Vasco. Isto supón un ascenso no posicionamento de Galicia no contexto estatal, avanzando do noveno posto do ano anterior ao quinto, tras experimentar un crecemento do 50% no último ano.

Só o 40% das empresas protexe as súas áreas críticas contra os ciberataques

Entre as principais preocupacións coas que teñen que traballar as empresas en todo o mundo nestes intres, o temor a un ciberataque a escala global sitúase mesmo por diante a unha recesión económica ou a imposibilidade de atallar a elevada inflación. Con todo, a pesar de ser unha ameaza, só catro de cada dez empresas (40%) consideran que teñen completamente protexidas as súas áreas máis críticas contra os ciberdelincuentes.

O 5G, a ciberseguridade e a conectividade: 2.624 millóns en 2023

A conectividade dixital, o impulso da ciberseguridade e o despregamento do 5G contan en 2023 cun 69,3% máis que este ano, con 2.624 millóns de euros en total. No informe de Orzamentos indícase que máis da metade (1.450 millóns) destínase ao despregamento de infraestruturas dixitais transfronteirizas e ao fomento da participación de empresas españolas en proxectos multipaís; e 570 millóns ao despregamento do 5G nos principais corredores de transporte (estradas e vías férreas) e á extensión da cobertura en todo o territorio nacional.

O Congreso aproba a Lei de Startups, que se agarda entre en vigor o vindeiro xaneiro

O Congreso aprobou a Lei de Startups, coa que o Goberno busca converter a España nun polo de emprendemento e atraer investimento. A norma, que incorpora cambios consensuados cos actores do sector e o resto de partidos, prevese que entre en vigor o 1 de xaneiro de 2023. A secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, Carme Artigas, asegurou que “o business case que expón o Goberno é que en tres anos tras a entrada en vigor da nova lei podamos conseguir un incremento mínimo do 20% sobre o investimento actual” no sector do emprendemento.

Tecnópole acolle unha nova empresa, Sigamos, dedicada a ofrecer solucións personalizadas no eido da sostibilidade empresarial

O Parque Tecnolóxico da Galicia acolle unha nova empresa dedicada a ofrecer solucións no eido da sostibilidade empresarial. Trátase de Sigamos Consultoría, que centra a súa actividade na “estimulación de accións e actitudes empresariais cara a unha contorna sostible, a prol do futuro da sociedade”. Así o explica a súa fundadora, Laura Magalhães de Andrade.

Arranca en Tecnópole a 5ª edición do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, que busca potenciar os estudos científicos entre as rapazas de Secundaria

O Parque Tecnolóxico de Galicia participa no proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”, promovido pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España -APTE-. O obxectivo desta iniciativa é lograr que aumente a porcentaxe de alumnas que elixen a especialidade de Ciencias ou Tecnoloxía en Educación Secundaria e opten posteriormente por carreiras de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería ou Matemáticas; debido á súa baixa participación nestas materiais.

Páxinas