Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Crean o primeiro dron que mergulla

Impresoras 3D e drons, os gadgets que revolucionaron o mercado tecnolóxico demostraron ser tan versátiles que están lonxe de ser unha simple moda. Recentemente foi dado a coñecer o OpenROV Trident, un dron, que a diferenza dos que coñecemos, non voa, senón que mergulla.

Varstiff, un novidoso material téxtil intelixente

Tecnalia, xunto coa empresa de base tecnolóxica Textia e o apoio da Fundación Izarra e a iniciativa FIK, lanzou o Reto Textia, que ten por obxectivo buscar ideas emprendedoras que cren negocio a partir do Varstiff, un novidoso material téxtil intelixente. A súa historia remóntase a hai dous anos, cando o centro de investigación lanzou un inmobilizador de emerxencia para vítimas de accidentes baseado neste compoñente.

En busca da smart city perfecta

RECI -a Rede Española de Cidades Intelixentes- e a fundación Fundetec presentaron por segundo ano startup4cities, unha iniciativa que persegue impulsar o emprendemento de base tecnolóxica orientado a dar resposta aos novos retos das cidades intelixentes.

IBM traballa nun sistema de seguridade para coches conectados

Giesecke & Devrient (G&D) e IBM anunciaron que van traballar no desenvolvemento dun sistema de seguridade para os coches conectados a Internet que basea a súa operativa na tecnoloxía criptográfica.

A innovación, prioridade dos directivos

¿Que lle pediría ao máximo representante do Goberno se tivese a oportunidade de reunirse con el? Esa é a pregunta lanzada pola consultora KPMG a medio centenar de primeiros executivos (CEOs polas súas siglas en inglés) españois e as súas respostas dan unha boa indicación de cales son as súas principais preocupacións de cara ao futuro: máis dun de cada catro cre que a maior prioridade do Executivo debería ser fomentar a innovación.

Máis de 300 empresas se darán cita en novembro en Tecnópole para o Encontro Agrobiotech Innovación

Máis de 300 empresas dos sectores biotecnolóxico, agroalimentario e da biomasa se darán cita no Encontro Agrobiotech Innovación, un evento deseñado para abrir novas oportunidades de negocio que terá lugar os días 26 e 27 de novembro en Tecnópole.

A Galiciencia busca os 80 proxectos cos que celebrará o seu décimo aniversario

Tecnópole abre o prazo de recepción de proxectos para a Galiciencia 2015 ata o próximo 25 de outubro. A maior feira científica de Galicia inicia así o proceso de selección dos 80 proxectos cos que celebrará o seu décimo aniversario. Aos habituais 50 traballos presentados por equipos de estudantes de Secundaria, Bacharelato e FP que competirán polo primeiro premio do certame, súmanse fóra de concurso 30 proxectos máis de alumnos de Primaria e Educación Especial, consolidando así a exitosa experiencia piloto da anterior edición.

Egatel presenta os seus transmisores de TV de alta eficiencia - banda ancha na feira IBC2015 de Amsterdam

Egatel acaba de presentar os seus transmisores de TV de alta eficiencia en banda ancha e a nova liña de produtos no campo dos transceptores satelitais en IBC2015, unha das maiores feiras do mundo da industria de medios electrónicos, celebrada no RAI Convention Center de Amsterdam entre o 11 e o 15 de setembro.

Conde sinala a Coasa como líder do aeronáutico galego e destaca o seu compromiso con Ourense

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou o pasado venres á compañía ourensá Coasa como líder do aeronáutico galego, subliñando o compromiso claro desta empresa coa industria e o emprego en Ourense, así como a súa constante aposta pola innovación, que foi apoiada pola Xunta a través do programa Innterconecta.

Aimen lidera un proxecto europeo que desenvolve sistemas de tratamento de augas residuais máis eficientes, económicos e sustentables

O centro tecnolóxico Aimen lidera o proxecto europeo Highwet, co obxectivo de desenvolver sistemas de tratamento de augas residuais, tanto urbanas como industriais, máis sustentables e eficientes que os convencionais.

A industria galega entra na era 3D

Dende prótese para uso medicinal ata as pezas aeronáuticas ou compoñentes de automoción, a impresión 3D está a revolucionar os métodos de produción de grandes e pequenas empresas en todo o mundo.

Aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria Explora Ciencia e Explora Tecnoloxía 2015

A convocatoria Explora Ciencia e Explora Tecnoloxía do Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016 pretende financiar a execución de proxectos de investigación cuxos obxectivos supoñan unha reavaliación de paradigmas establecidos e aceptados, con proxección en diversos ámbitos científicos ou técnicos, en busca de novos conceptos ou solucións e aplicacións rompedoras en diferentes disciplinas científicas.

Páxinas