O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou o pasado venres á compañía ourensá Coasa como líder do aeronáutico galego, subliñando o compromiso claro desta empresa coa industria e o emprego en Ourense, así como a súa constante aposta pola innovación, que foi apoiada pola Xunta a través do programa Innterconecta.