Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Universidade de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo aproban crear a Fundación Centro de Innovación Aeroespacial

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobou a creación da Fundación Centro de Innovación Aeroespacial de Galicia, un ente con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar no que, ademais da institución académica e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, se incluirán como membros fundadores outros catro integrantes de carácter privado: Airbus, Delta Vigo, o Consorcio Aeronáutico Galego (CAG) e a Unión de Empresas Galegas de Aeronáutica (Udega).

APTE e Cajamar acordan apoiar o desenvolvemento empresarial nos parques científicos e tecnolóxicos

Cajamar Caja Rural e a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de apoiar as empresas situadas nos parques científicos e tecnolóxicos proporcionando liñas de financiamento especiais e promovendo actividades que contribúan ao seu desenvolvemento científico e tecnolóxico.

Crean o primeiro laboratorio 5G de España

Telefónica e IMDEA Networks anunciaron a creación do primeiro laboratorio de excelencia 5G de España. O centro, denominado 5TONIC, nace co obxectivo de crear un ecosistema aberto de innovación e investigación onde a industria e o mundo académico traballen xuntos para impulsar o desenvolvemento das tecnoloxías 5G e do seu ámbito de emprendemento.

Orange busca innovación e talento co seu novo reto de crowdsourcing

O plan estratéxico de Orange "Esenciais 2020" contempla a dixitalización e a promoción da innovación aberta, como un dos seus principais piares. Como parte deste, Orange lanzou a iniciativa de emprendemento e talento colectivo "Imaxine with Orange".

Tratamentos térmicos que melloran a calidade dos alimentos

Alimentos infantís, conservas, lácteos ou snacks son algúns dos produtos que necesitan tratamentos térmicos á hora de ser procesados. Esta operación adquire cada día máis importancia á hora de garantir a seguridade e de lograr alimentos máis saudables. É por iso que o centro tecnolóxico AINIA está a dedicar parte dos seus esforzos a este campo mediante diferentes innovacións.

Nace en Barcelona o primeiro centro de investigación en innovación laboral

A plataforma empresarial Valquiria Hub Space creou o primeiro centro de investigación en innovación laboral de Barcelona. Trátase de World Work Innovation (WWi) e ten como obxectivo promover a produtividade laboral a través do estudo da innovación e o talento.

Tecnópole organiza cursos de actualización sobre as novas normas ISO de xestión ambiental e de calidade

Tecnópole celebrará en novembro dous cursos de actualización sobre as novas versións das normas ISO 9001 e 14001 que acaban de ser publicadas.

Tecnópole celebra o seu tradicional magosto o próximo 5 de novembro

Todos os traballadores das empresas e entidades e da sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están invitados o próximo 5 de novembro ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI a celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.

Egatel amplía a rede de TDT arxentina con transmisores de alta eficiencia - banda ancha

Egatel foi elixida como provedora dos transmisores de alta eficiencia - banda ancha da Serie WHET (Wideband High Efficiency Tranmsitters) que se utilizarán na ampliación da rede de TDT en Arxentina.

O presuposto galego para innovación aumentará un 7,5% en 2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria de Galicia, Francisco Conde, anunciou en Vigo que a Xunta destinará un presuposto para a innovación empresarial en 2016 un 7,5% superior ao de 2015, e un 17,5% en comparación con 2013.

O Goberno incrementará a medición do impacto científico, social e económico das axudas á I+D+i

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo e o Ministerio de Economía e Competitividade asinaron un acordo para mellorar a medición do impacto científico, social e económico das axudas publicas á I+D+i.

A intelixencia dun robot xa chega ao nivel dun neno de catro anos

A intelixencia dun robot xa chega ao nivel dun neno de catro anos de idade, segundo se desprende dun estudo publicado polo MIT Technology Review.

Hoxe en día, un dos puntos clave que destacan dentro dos ámbitos tecnolóxicos é o da creación de robots capaces de realizar actividades físicas e intelectuais como as que realizan os humanos, polo que non é raro que, para continuar con este tipo de desenvolvementos, se tivera que someter ás creacións a tests que proben as súas capacidades.

Páxinas