Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O respaldo intelixente das Aulas Tecnópole gaña o segundo premio no certame internacional European Youth KiiCS Award

Alba Fernández e Uxía García, alumnas das Aulas Tecnópole, gañaron o segundo premio do certame internacional European Youth KiiCS Award co seu respaldo intelixente para cadeiras. No concurso, que celebrou a súa final en Ámsterdam, competían con outros 14 proxectos defendidos por estudantes de diferentes países da Unión Europea.

O dectector de chuvia ácida das Aulas Tecnópole gaña o segundo premio do certame "Novos Investigadores 2014" do Goberno español

O sistema de detección de chuvia ácida en chans e plantas desenvolvido por tres alumnos das Aulas Tecnópole gañou o segundo premio do certame "Novos Investigadores 2014", convocado polo Instituto da Xuventude do Goberno español. O proxecto, desenvolvido por Queila Bouza, Miguel Gómez e Jorge Cordero, fora exposto o pasado mes de maio na Intel International Sciencie and Engineering Fair de Los Ángeles (EE.UU.), unha das feiras máis grandes do mundo sobre traballos de ciencia e tecnoloxía a nivel preuniversitario, despois de ser premiado na Exporecerca.

Primux Tech mellora as prestacións do seu smartphone mantendo o prezo

En primavera, Primux Tech, con sede en Tecnópole, presentou o seu buque insignia, o Primux Tech Sigma, un terminal chamado a ser un referente no mercado dos smartphones de gama media por ofrecer altas prestacións a un prezo alcanzable. Dada a grande acollida que tivo, a empresa galega mellorouno para ofrecer aínda mellores prestacións mantendo o mesmo prezo.

A Axencia Galega de Innovación activa un servizo de apoio a pemes para preparar solicitudes ao programa de internet do futuro da UE

A Axencia Galega de Innovación (Gain) acaba de activar un novo servizo de apoio a pemes para ofrecer apoio integral na preparación de solicitudes para presentar o programa da internet do futuro da Unión Europea (UE). Este servizo foi presentado hai uns días durante a celebración dunha xornada retransmitida por Tecnópole vía videoconferencia para as empresas de Ourense.

O Goberno central pon en marcha unha plataforma de financiamento colectivo para proxectos de I+D+i

Carmen Vela, secretaria de Estado de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, presentou Precipita, a primeira plataforma pública en España de financiamento colectivo para proxectos científicos, xestionado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt).

Empresas innovadoras españolas lanzarán os seus proxectos en Silicon Valley

Son novos, son innovadores e están entusiasmados. Son os responsables de 12 start-up españolas, seleccionados por Spain Tech Center para lanzar os seus proxectos en Silicon Valley (EEUU).

SmartCamp 2014, unha competición mundial de emprendedores

O próximo 23 de outubro IBM celebrará a cuarta edición nacional da competición mundial "SmartCamp" na que participan catro 'startups' con proxectos de base tecnolóxica que poden axudar a construír un planeta máis intelixente.

Nace a primeira plataforma online de servizos de impresión 3D orientada á industria

O público obxectivo de R3ALD son departamentos de enxeñería ou de I+D+i, deseñadores, emprendedores e arquitectos. En xeral, calquera persoa que necesita fabricar unha peza a partir dun arquivo 3D, ben para validar o seu deseño ou para utilizalo como produto final.

Google abrirá un campus para emprendedores en Madrid en 2015

O maior motor de busca de internet quere aproveitar o talento español. Por iso, decidiu lanzar o próximo ano un campus para emprendedores en Madrid. Esta firma, que ten a marca de compra de start-ups no mundo, xa que leva adquirindo unha media dunha empresa tecnolóxica ao mes dende 2010, vai empezar a fertilizar o terreo en España a través desta iniciativa.

Investigadores australianos crean paneis solares imprimibles

Investigadores da axencia nacional de ciencia de Australia e das universidades de Melbourne e Monash desenvolveron novos paneis solares capaces de ser creados mediante impresoras 3D convencionais. Non obstante, o feito de facer paneis imprimibles non é a parte máis importante da noticia, pois os paneis creados por este método teñen propiedades coas que non contan os seus similares fabricados polo método tradicional.

A app española que triunfa calculando o impacto publicitario

Blinkfire Analytics analiza a imaxe de clubs deportivos, xogadores, axentes e marcas en lugares como Facebook, Youtube ou Twitter. O seu servizo xerou tanta curiosidade que recibiu respaldo internacional para expandirse por Estados Unidos e Europa.

Nova York elixe o talento español para converterse nunha cidade máis sustentable

O Concello de Nova York premiou as que, posiblemente, sexan as mellores empresas do mundo en solucións para facer as cidades máis habitables e sustentables. Catro das 15 firmas candidatas na gran final eran españolas, un éxito só mellorado polo país anfitrión, Estados Unidos, con cinco representantes.

Páxinas