Newsletter

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

O Parque Tecnolóxico de Galicia ofrece ás súas empresas unha moratoria de tres meses no pago do alugueiro dos locais

Con motivo da situación actual de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, Parque Tecnolóxico de Galicia S.A., participada pola Xunta de Galicia e como arrendadora dos locais situados nos edificios CEI, Tecnópole I e Tecnópole II do Parque Tecnolóxico de Galicia (Concello de San Cibrao das Viñas, Ourense), acordou ofrecer ás empresas arrendatarias unha moratoria dun máximo de tres meses de alugueiro. 

A empresa de Tecnópole Arte & Comunicaciones Avanzadas imparte un curso gratuíto de Prevención de Riscos fronte ao COVID-19

A empresa de Tecnópole Arte & Comunicaciones Avanzadas ofrece de forma totalmente gratuíta a todos os empregados e empresas da Tecnópole un curso on line de Prevención de Riscos Persoais e no Traballo fronte ao COVID-19. Os interesados deben poñerse en contacto coa empresa a través do enderezo electrónico formacion@comunicacionesavanzadas.org e no prazo máximo de cinco días recibirán os datos de acceso á plataforma dixital na que se desenvolverá o curso.
 

Fonte: Tecnópole

A actividade no polígono de San Cibrao limítase a tan só o 22 % das empresas

O último balance presentado pola Consellería de Industria apunta a que na provincia de Ourense continúa o goteo de ERTE presentados e de traballadores afectados. Así, no último reconto apúntase a que un total de 3.445 empresas ourensás tiveron que recorrer a esta medida, o que supón que haxa 13.568 traballadores nesta situación temporal de estar sen traballo por mor da crise económica provocada polo COVID-19. Iso si, os últimos datos apuntan a unha ralentización dos ERTE con respecto aos datos achegados durante a semana anterior. 

Aerocámaras presenta un dron para combater incendios forestales

A empresa Aerocámaras presentou na Axencia Galega de Emerxencias (Axega) “o primeiro dron de á fixa en España, destinado a previr e controlar os incendios forestais” da comunidade. Integrantes da Axega reuníronse con Jaime Pereira Gil, xerente de Aerocámaras, “para coñecer todos os detalles técnicos do seu novo dron e pechar o acordo de venda”, explicaron desde a firma. Un aparello, o VTOL Aerocámaras, que contribuirá á prevención de incendios forestais.

Coren intensifica a actividade para dar resposta á crise do coronavirus

O Grupo Coren, como cooperativa agroalimentaria, segue a traballar para cumprir coa súa “responsabilidade de produción de alimentos, dentro da situación de estado de alarma en que nos atopamos”, xa que se trata de “un servizo básico á poboación”. Así o recolle o Real Decreto 463/2020 de 14 de marzo que establece o funcionamento de todos os centros de produción destinados a garantir o abastecemento de alimentos, valorando a función primordial que ten o sector agroalimentario.

A automoción viguesa usa tecnoloxía 3D para fabricar válvulas de respiradores

A industria viguesa da automoción quere achegar o seu gran de area na loita contra a pandemia do coronavirus. Baixo a coordinación do clúster (Ceaga), tres startups forxadas na aceleradora de empresas do motor (a Business Factory Auto), Lupeon, Nort3D e Inmake lanzáronse á produción mediante tecnoloxía 3D (fabricación aditiva) de válvulas desbotables para respiradores, un dos equipos sanitarios con maior demanda nesta crise para os pacientes máis graves de Covid-19. En total, as tres empresas fabricarán unhas 900 válvulas cada dez horas. 

PharmaMar anuncia que o seu tratamento contra o coronavirus pode probarse xa en pacientes

A farmacéutica española PharmaMar anunciou que os resultados dos estudos in vitro do fármaco Aplidin (plitidepsina) no coronavirus humano HCoV-229E, que se comporta de forma moi similar ao Covid-19, resultaron ser positivos cunha potencia da orde nanomolar.
 

Aplidin é un medicamento para o cancro hematolóxico que xa está aprobado en Australia e en fase de aprobación en Taiwán, Nova Zelandia e Corea do Sur.

Galicia aumentou o seu investimento en I+D, pero segue baixo a media

Os gastos (ou investimento) de investigación e desenvolvemento (I+D) refírense aos recursos dedicados á investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico, así como á planificación de novos coñecementos nos aspectos técnicos e científicos. No caso de Galicia, no ano 2018 -último dato definitivo dispoñible no INE (Instituto Nacional de Estadística)- este investimento ascendeu a un total de 590,7 millóns de euros en todos os sectores, é dicir, nas empresas, ensino superior, administración pública e institucións privadas sen ánimo de lucro.

O Instituto Tecnolóxico de Galicia cederá os seus recursos ao Estado

O Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), con sede na Coruña, e os centros tecnolóxicos da Federación Española de Centros Tecnológicos (Fedit), entidades privadas que se dedican á investigación aplicada e desenvolvemento tecnolóxico, acordaron pór a disposición do Goberno todas as súas capacidades tecnolóxicas, recursos e infraestruturas nesta situación de crise.

Galicia bateu en 2019 un novo récord de xeración a partir de renovables

Galicia bateu en 2019 un novo récord de xeración de enerxía a partir de fontes renovables. En total, a produción situouse en 24.845 xigavatios hora (GWh), dos que 65,2% corresponderon a tecnoloxías renovables, o que supón 9,7% máis que o pasado ano e un novo máximo histórico desde que se teñen rexistros. 

A I+D galega, capaz de aportacións en vacinas, fármacos e modelos de decisión

“A saída desta situación virá da man da ciencia”.

Programa Re-Acciona Innovación

Tecnópole acolleu o pasado 11 de marzo o taller de presentación do Programa Re-Acciona Innovación. Na súa edición de 2020 e no relativo á innovación, o programa incorpora os seguintes servizos: deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores, protección da innovación e asesoramento para o financiamento da innovación.
 

Representantes da Axencia Galega de Innovación e as propias consultoras executoras dos servizos pesentaron no Parque as condicións da convocatoria. GAIN amosou o mapa de apoios a pemes que a axencia ofrece durante esta anualidade.

Páxinas