Zona Franca pon en marcha unha aceleradora do sector téxtil cun proxecto de Roberto Verino

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

Zona Franca pon en marcha a nova aceleradora ViaTextil. O delegado estatal, David Regades, e o deseñador e empresario Roberto Verino presentárona na sede do consorcio ante compañías do sector. Tras o éxito de programas sectoriais como VinoExterior, CulturaExterior ou MarExterior, Zona Franca apoia a innovación e desenvolvemento de negocio das empresas galegas. Esta vez foron elas mesmas as que identificaron cales eran as necesidades detectadas no seu sector e os obxectivos que se poderían alcanzar co programa. A proposta que obtivo mellor puntuación foi a presentada por Roberto Verino para o sector téxtil.

A convocatoria permanecerá aberta desde o 3 ao 28 de de outubro. A publicación de admitidos na aceleradora farase en novembro e ese mesmo mes empezará o programa cunha xornada de benvida aos dez participantes seleccionados. O proceso de aceleración durará sete meses. O programa está destinado a startups, empresas de recente creación e pemes que teñen potencial para medrar. Búscanse proxectos liderados por equipos con talento que unicamente necesitan un empuxón para crecer innovando.

Fonte: La Voz de Galicia