Zendal premia os mellores proxectos no campo da saúde e a biotecnoloxía

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

O Grupo Zendal abriu a primeira convocatoria dos International Zendal Awards co obxecto de recoñecer o traballo daquelas institucións, públicas ou privadas, que desenvolvan o seu labor tanto no campo da saúde animal como humana e que demostraran mérito e compromiso no ámbito das vacinas, a prevención e a biotecnoloxía.

"Sabemos que detrás de cada avance no ámbito da saúde e a ciencia hai moito traballo e esforzo e, por iso, dende Zendal queremos render homenaxe a aqueles que no día a día traballan para mellorar a saúde e a investigación", sinala o conselleiro delegado do Grupo, Andrés Fernández Álvarez-Santullano, convencido de que "estas melloras son o motor do progreso da sociedade".

As entidades que desexen presentar a súa candidatura poden facelo ata o próximo 4 de outubro a través da web do grupo. O premio ao mellor proxecto terá unha dotación de 5000 euros, que facilitará a materialización da proposta presentada.

A cerimonia de entrega dos International Zendal Awards terá lugar o 28 de novembro en Vigo durante un acto no que tamén se renderá homenaxe a unha personalidade científica que ao longo da súa traxectoria contribuíra á mellora da saúde humana e veterinaria.

(Fonte: Asebio)