Zendal pilotará o hub de innovación das biotech galegas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A biofarmacéutica porriñesa Zendal, que producirá para Europa a vacina de Novavax a través da súa filial Biofabri, presidirá DATAlife. Trátase do hub de innovación dixital impulsado polo clúster da biotecnoloxía de Galicia (Bioga), Anfaco-Cecopesca, o Cesga, Cetim, o Clúster Saúde de Galicia, o Clúster Tic Galicia, o Clúster de Acuicultura, Energylab, Zendal, Finsa, Gradiant, Televés, Feuga e a USC.

Con sede en Santiago, esta plataforma busca achaiar a incorporación da intelixencia artificial e a analítica de datos nas pemes de bioeconomía e saúde. A presidencia de DATAlife recaerá en Pablo Álvarez Freire, adxunto á dirección de Zendal. Recollerá a testemuña de Carme Pampín, a presidenta de Bioga e CEO de GalChimia.

O polo busca dar servizo ás 3.700 compañías, que suman 75.000 empregos e representan o 19,4% da riqueza xerada en Galicia (VAB). «Queremos que DATAlife se converta nun hub de innovación dixital de referencia e forme parte da rede de hubs estratéxicos da UE», afirma Álvarez.

Fonte: La Voz de Galicia