A Xunta inicia as obras das novas sendas na Medorra y Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar a execución das obras das novas sendas na Medorra e Paiseo, nos concellos do Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas e Paderne de Allariz, que suporá un investimento de 1 millón de euros. As actuacións, cun prazo de 6 meses, centraranse nas zonas que carecen de espazo para o tránsito de peóns, mellorando a seguridade viaria aos veciños e facilitando os seus desprazamentos a pé, á vez que se revalorizan as zonas polas que pasan.

A intervención prevé a construción de dous itinerarios peonís na marxe esquerda da estrada OU-101 que sumarán en total 2,8 km. No caso do itinerario na Medorra discorrerá polos tres concellos, e na senda do Paiseo polo concello de Paderne de Allariz.

A senda da Medorra terá unha lonxitude de 2,1 km, transcorrendo na súa maior parte polo municipio do Pereiro de Aguiar. O itinerario comeza ao pasar o cruzamento co regato de Pazos e transcorre pola marxe esquerda ao longo do Parque Tecnolóxico de Galicia até chegar ao termo de Paderne. Neste treito de actuación prodúcese o cruzamento coa outra vía da Xunta, a estrada OU-537, onde esta senda solaparía en execución na contorna dos parques empresariais.

Tamén se executarán muros de sostemento do terreo no treito da Medorra, traballos de sinalización, reposición de servizos e preinstalación de iluminación pública, ademais da adecuación de tres paradas de autobús ás que se dotará de tres novas marquesiñas.

Estas actuacións enmárcanse no Plan de sendas de Galicia para a comarca de Ourense co que a Xunta está a executar 16 km de itinerarios cun orzamento de 7,1 M€. As intervencións contan con financiamento da Unión Europea dos fondos Feder 2014/2020 e dos fondos REACT EU.

Fonte: Xunta de Galicia