A Xunta crea unha aceleradora de pemes contra o coronavirus

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta de Galicia vai poñer en marcha unha aceleradora de pemes innovadoras especializada na comercialización de solucións fronte á COVID-19. Na iniciativa Connect-19 poderán participar 20 pemes, que recibirán asesoramento individualizado, capacitación comercial e técnica e potenciarán a súa capacidade de captación de financiamento, fortalecendo así o seu acceso ao mercado.

O programa ten como obxectivo impulsar o acceso ao mercado de solucións innovadoras de empresas galegas que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico da pandemia. A nova incubadora desenvolverase en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia, situado en San Cibrao das Viñas, terá unha duración de 5 meses e contará cun orzamento de 600.000 euros. A iniciativa mantérá aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o 10 de xullo.

O obxectivo de Connect-19 é  impulsar e fortalecer o acceso ao mercado de solucións innovadoras do tecido empresarial galego que poidan contribuír a reducir o impacto social e económico provocado pola pandemia do coronavirus. Poderán sumarse pemes de calquera sector con presenza no mercado e que acheguen solucións de valor engadido con algún factor innovador fronte ao coronavirus, con comercialización inmediata e cun alto potencial de crecemento.

Esta iniciativa súmase á chamada lanzada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través de Axencia Galega de Innovación (Gain), para o desenvolvemento dos proxectos innovadores vinculados coa COVID-19. A Consellería, por medio do  Instituto Galego de Promoción Económica, tamén activou axudas para a fabricación de produtos de loita contra o coronavirus, sendo esta a 28 iniciativa aprobada.

Fonte: La Región