A Xunta convoca as súas axudas a iniciativas de emprego de base tecnolóxica para 2012

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Consellería de Traballo abriu o prazo de solicitude do seu programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Estas axudas, cuxas bases foron publicadas no Diario Oficial de Galicia o 13 de marzo, poderán solicitarse ata o 30 de setembro de 2012.
 
O obxectivo deste programa é impulsar a creación de novas iniciativas empresariais de base tecnolóxica en Galicia a través do financiamento parcial dos custos iniciais necesarios para a posta en marcha destes proxectos empresariais innovadores de contido científico e/ou tecnolóxico.
 
Para ser beneficiarias destas axudas, as empresas deberán crear no seu primeiro ano de actividade postos de traballo estables para persoas desempregadas, respectando a proporción dunha persoa con titulación universitaria por cada catro postos da IEBT, requisito que ha de cumprirse con carácter xeral en relación a todo o persoal da empresa.
 
As bases das axudas poden consultarse aquí.
 
(Fonte: Tecnópole)