A Xunta convoca un programa de axudas para impulsar plans de innovación en pemes e micropemes galegas

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convocou o martes da semana pasada un novo programa de axudas, 'Innova Peme', para impulsar plans de innovación en pemes e micropemes galegas.

Segundo sinalou a Xunta nun comunicado, a iniciativa, promovida a través da Axencia Galega de Innovación, conta cun orzamento de 5 millóns de euros que "permitirán mobilizar 10 millóns e beneficiar ao redor de 60 compañías da comunidade".

O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 25 de setembro e as axudas están destinadas "a desenvolver ou incrementar as capacidades innovadoras de empresas que ou teñen ou comezan a ter desempeño innovador pero que necesitan apoio".

As compañías que se adhiran á iniciativa deberán contar cun plan de innovación, o que supón unha "folla de ruta" que se desenvolverá durante como mínimo un ano e na que se recollerán as actuacións de financiamento, segundo explicou o Goberno galego.

Ademais, as empresas deberán presentar o informe 'Innobench', un estudo gratuíto personalizado que permitirá coñecer o punto de partida da situación en materia de innovación.

Ata 150.000 euros

Os apoios das empresas beneficiarias poderán alcanzar ata 150.000 euros de axuda, segundo o tipo de compañía (no caso das micropemes, de entre 100.000 e 200.000 euros e das pemes, de entre 150.000 e 300.000 euros). A contía recibida poderá ser o 50 por cento do orzamento subvencionable.

(Fonte: El Correo Gallego)