A Xunta convoca as axudas do programa Principia para contratar 110 profesionais mozos de I+D+I por un mínimo dun ano

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta de Galicia convocou as axudas do programa Principia para a contratación de profesionais mozos de I+D+I, que se poden solicitar ata o próximo 11 de abril e que inclúen axudas de 10.000 euros por contrato.

Cun presuposto de 1,1 millóns de euros, o obxectivo é favorecer a contratación de 110 persoas durante un período mínimo dun ano, segundo manifestou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Nas tres edicións anteriores, como explicou Conde, este programa pioneiro lanzado en 2016 permitiu a contratación de 366 profesionais de ata 35 anos de idade en actividades de I+D+I.

Este programa persegue dar un impulso á contratación de persoal mozo e cualificado por parte de empresas e organismos de investigación, para abordar actuacións de investigación, desenvolvemento e innovación. O obxectivo é conseguir que os centros tecnolóxicos poidan incorporar talento e novos investigadores ao seu equipo, segundo recordou a Xunta.

Máis información aquí.

(Fuente: Galicia Press)