A Xunta axuda á expansión da I+D+i galega cunha partida de 2,8 millóns

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta de Galicia destina un total de 2,8 millóns de euros a axudas para o impulso da internacionalización da I+D+i galega fomentando a participación no programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte 2020 (H2020).

Diso informou a Consellería de Economía, que, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria destes apoios.

Apoio ás pemes

En concreto, esta liña de axudas, dirixida a pequenas e medianas empresas e organismos de investigación, persegue mellorar a calidade das propostas galegas no programa H2020, así como incrementar o impacto da convocatoria Peme da Comisión Europea en Galicia a través do apoio económico ás propostas que recibiron o selo excelencia sen chegar a obter a axuda europea.

O departamento que dirixe Francisco Conde detallou que as solicitudes serán atendidas por orde cronolóxica de entrada e ata esgotar o crédito. A Xunta recalcou que, ata o momento, o retorno alcanzado polas entidades galegas no programa H2020 é de 123,3 millóns, superando o obxectivo de 2020.

Fonte: El Ideal Gallego