A Xunta aproba a creación da Axencia Galega de Innovación

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento
A Xunta aprobou na súa última reunión o decreto de creación da Axencia Galega de Innovación (AGI). O novo organismo, adscrito á Consellería de Economía e Industria, encargarase da implementación das políticas de I+D+i da Administración autonómica. Esta entidade comezará a funcionar en dous meses asumindo as competencias da Dirección Xeral de I+D+i, o que inclúe a xestión do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C).
 
A misión da AGI será a orientación e o impulso dos plans de innovación na administración pública e a mellora da competitividade do tecido empresarial galego a través de estratexias e programas de innovación eficientes. Este organismo tamén se ocupará de levar a cabo accións de valorización do coñecemento xerado polas empresas, universidades e centros tecnolóxicos e de investigación, ademais de centrarse na promoción da cooperación entre os axentes do Sistema Galego de Innovación; da súa internacionalización e da captación de talento innovador.
 
Entre as súas metas inmediatas, previstas para o seu primeiro ano de actividade, atópase o aumento da participación en programas nacionais e internacionais de I+D+i por parte das entidades galegas e o apoio á creación de máis empresas de base tecnolóxica e de emprego de alta cualificación no Sistema Galego de I+D+i.
 
(Fonte: Innovamás)