A Xunta abrirá unha oficina para asesorar en temas de ciberseguridade

Buscar

Susbcrición Newsletter

Introducir e-mail

Arquivo mensual

Vindeiros eventos

Non hai eventos polo momento

A Xunta, a través da Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia), asinou un contrato con Telefónica para pór en marchar unha oficina técnica que se encargará de asesorar en temas de ciberseguridadE a distintas Administracións públicas, así como de concienciar e formar na materia a funcionarios, empresas privadas e colectivos sociais e educativos.

Esta iniciativa é a primeira derivada do acordo marco de servizos de ciberseguridadE subscrito pola Xunta e a empresa de telecomunicacións o pasado mes de novembro, que está dotado con 5,9 millóns de euros e que ten unha duración de dous anos.

Outra das actuacións que contempla o acordo é a creación dun portal web que achegará información sobre ciberseguridade, incluíndo vídeos, infografías ou alertas varias.

Fonte: La Voz de Galicia